📗 Libro en gallego O PAZO BALEIRO

Edicións Xerais - 9788483027486

Infantil 10 a 12 años Literatura 10 a 12 años

Sinopsis de O PAZO BALEIRO

A Nicolás anóxao a escola pero pásao fenomenal cando visita seu Tío Delio, que é reloxeiro e vive nun vello vagón de tren, que el mesmo amañou. Alí, tío e sobriño consultan libros e pasan os mellores momentos observando o curioso mecanismo dos reloxos e a engrenaxe das súas diferentes pezas. Un día, na caixa dun reloxo antigo, descobren un antigo cofre que contén unhas cartas de amor -que fan referencia a desavinzas familiares, herdos e a un obxecto misterioso-, un pano cunhas iniciais bordadas que envolve unha presa de xoias e unhas moedas antigas. Daquela deciden investigar. Para iso conta con Ramiro, Sol e Társila, os amigos de Nicolás. As esculcas levaranos a contactar cun anticuario da cidade e despois cunha señora pertencente a unha familia nobre que era a propietaria dun pazo deshabitado de Eiravela, de onde inicialmente procede o reloxo. Todos os catro acudirán ao pazo nunha misión un tanto arriscada, pero chea de sorpresas.
Xabier P. Docampo en O Pazo Baleiro deixa albiscar a súa afección pola literatura de aventuras cando eses catro amigos tratan de desenredar xuntos un misterio da aldea onde viven e que se remonta a tempos moi afastados. Docampo retrata con eses catro nenos catro universos diferentes: a rapaza tímida, a valente, o neno independente e o honesto, catro calidades coas que os rapaces conseguirán o que se propoñen. Pero aínda hai algo máis. Amais dunha historia de aventuras tamén o é de solidariedade, de comprensión e de respecto á diferenza pois o misterio comézao Delio, que é o retrato dun ser marxinal, extravagante, incomprendido, pero apaixonado polo seu traballo e cómplice co seu sobriño, a quen lle demostra que o importante é actuar como un pensa.
En O Pazo Baleiro, como nas mellores novelas de aventuras, o lector ou a lectora sente que hai algo prohibido. Unha novela de corte clásico que de seguro ha cumprir un dos desexos do autor. "Gústame pensar que para cada libro que escribo existe alguén a quen lle gusta lelo".

Hazte con todos

Ver más

Has seleccionado 3 libros de la serie Serie Sopa de libros

Ver todos los libros >

Ficha técnica


Ilustrador: Xosé Cobas

Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788483027486

Idioma: Gallego

Número de páginas: 160

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 15/04/2002

Año de edición: 2002

Plaza de edición: Es

Colección:
Serie Sopa de Libros

Serie/Saga: Serie Sopa de libros

Número: 2
Alto: 20.0 cm
Ancho: 13.0 cm
Grueso: 1.3 cm
Peso: 242.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Xabier P. DoCampo


Xabier P. DoCampo (Rábade, 1946 - A Coruña, 2018). Mestre e escritor, é autor dunha extensa obra narrativa, en boa parte traducida ás linguas peninsulares. Mereceu o Premio da Feira do Libro da Coruña (1989), o Premio Irmandade do Libro ao Autor do Ano 2009 e A Letra E da AELG en 2014. Entre as súas obras máis destacadas están as seguintes: «O armario novo de Rubén» (Xerais 1989); «A nena de auga e o príncipe de lume» (Xerais 1990-2012); «A casa do porco bravo e Roxelio e a couza» (Xerais 1991); «Adelaida, Henrique e demais familia» (1996); «Nube de neve» (2000), «¿Víchela, víchela?» (2001), «Os ollos de Ramón» (2001), «A decisión de Valerio» (Xerais 2005), «O misterio das badaladas» (1986, Xerais 2011), novela; «Cun ollo aberto e outro sen cerrar» (1987), relatos; «A chave das noces» (1988, Xerais 2018), novela; «O país adormentado» (Xerais 1993, 2012), novela; «Cando petan na porta pola noite» (Xerais 1994), relatos, Premio Rañolas ao mellor libro do ano, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil (1995), Lista de Honra do IBBY (1996); «O pazo baleiro» (1997, Xerais 2002), novela; «O home que inventou unha maneira de andar» (1998), novela; «Catro cartas» (2000, Xerais 2020), relatos; «Un conto de tres noites» (Xerais 2001), relatos; «A casa da luz» (Xerais 2002), novela; «O libro das viaxes imaxinarias» (Xerais 2008), Premio Isaac Díaz Pardo ao Libro Ilustrado do Ano 2008, Premio Asociación de Escritores en Lingua Galega 2008 e Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Xuvenil, 2008; «A illa de todas as illas» (Xerais 2013), novela, «A nena do abrigo de astracán» (Xerais 2017), novela, Premio Gala do Libro Galego 2018, e «Contos de obxectos» (Xerais 2021), relatos.
Descubre más sobre Xabier P. DoCampo
Recibe novedades de Xabier P. DoCampo directamente en tu email

Opiniones sobre O PAZO BALEIRO


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana