Kalandraka Editora - 9788484647034
O porquiño vivía no seu cortello, nunha granxa. Ao porquiño gustáballe comer, correr arredor do cortello e durmir. Pero o que máis lle gustaba era sentarse e estomballarse na lama. O granxeiro e a súa muller queríano moito ao porquiño. -Para nós, es o mellor porco do mundo -dicían. A historia do porquiño que acaba cimentado na beirarrúa dunha gran cidade xorde da imaxinación de Arnold Lobel como outros relatos entrañables, sinxelos e fermosos dos que tamén é autor, como “Contos de ratiños” e “Sopa de rato”, publicados por KALANDRAKA. A súa obra caracterízase pola busca dos acentos personais, as emocións básicas e os ambientes cotiás. De aí a concisión do seu estilo literario, a base de palabras esenciais, como a condición humana que tenta plasmar.
Especificaciones del producto
Escrito por Arnold Lobel
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!