leer_primeras_paginas Leer primeras páginas

📗 Libro en gallego ONCE PORTAS

Edicións Xerais - 9788491211792

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de ONCE PORTAS

O día da Ascensión do ano 1929 o mozo Guillerme Cardelle achégase á Alameda de Santiago de Compostela para desfrutar da xornada festiva. Cando decide entrar no gabinete do mago Bunda, dotado de supostos poderes proféticos e divinatorios, non pode imaxinar que o que alí escoite lle cambiará a vida para sempre.Desde entón Guillerme será o depositario dun segredo relacionado coa antiga muralla, as igrexas intra muros e o sepulcro do apóstolo que dá nome á cidade. E revoando sobre todos estes elementos, a presenza permanente do número once, unha cifra arredor da que semella xirar un misterio no que Guillerme deberá afondar para descubrir o seu verdadeiro sentido."Once portas" é unha novela a cabalo entre o histórico e o fantástico, unha viaxe a través dos episodios sobranceiros da historia compostelá e unha homenaxe á cidade de Santiago a través dos seus símbolos máis universais.O día da Ascensión do ano 1929 o mozo Guillerme Cardelle achégase á Alameda de Santiago de Compostela para desfrutar da xornada festiva. Cando decide entrar no gabinete do mago Bunda, dotado de supostos poderes proféticos e divinatorios, non pode imaxinar que o que alí escoite lle cambiará a vida para sempre.Desde entón Guillerme será o depositario dun segredo relacionado coa antiga muralla, as igrexas intra muros e o sepulcro do apóstolo que dá nome á cidade. E revoando sobre todos estes elementos, a presenza permanente do número once, unha cifra arredor da que semella xirar un misterio no que Guillerme deberá afondar para descubrir o seu verdadeiro sentido."Once portas" é unha novela a cabalo entre o histórico e o fantástico, unha viaxe a través dos episodios sobranceiros da historia compostelá e unha homenaxe á cidade de Santiago a través dos seus símbolos máis universais.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788491211792

Idioma: Gallego

Número de páginas: 104
Tiempo de lectura:
2h 23m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 09/03/2017

Año de edición: 2017

Plaza de edición: Es

Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA

Alto: 22.0 cm
Ancho: 14.5 cm
Grueso: 1.0 cm
Peso: 175.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Héctor Cajaraville


Héctor Cajaraville (Santiago de Compostela, 1974) estudou Xornalismo e actualmente é profesor de Lingua e Literatura galegas no ensino secundario. En 2015 gañou o Premio Xerais coa súa primeira novela, «De remate», e foi finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil con «Quen dá a quenda?» (Xerais 2016). Nese mesmo ano, a súa obra «A caixiña dos rancores (Vidas cruzadas)» (Xerais 2016) recibiu o Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil da Deputación da Coruña; en 2016 gañou o Premio Ánxel Fole de Narración Curta do Concello de Lugo con «Once portas» (Xerais 2017) e o Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil con «Denébola a Roxa». Coa súa novela «Kusuma» (Xerais 2018) obtén o Premio Merlín de Literatura Infantil 2018. É autor, ademais, das novelas «O segredo da casa de Formoso» (2017) e «Nova Nursia» (Xerais 2018), así como das biografías «Antonio Fraguas. O bo mestre, o mestre bo», «Ricardo Carvalho Calero. A pegada do compromiso» e «Florencio Delgado Gurriarán. Polas vieiros da saudade», publicadas na colección Merlín en 2019, 2020 e 2022 respectivamente. En 2023 publica o álbum de aprendizaxe temperá «Moita froita!». Noutras facetas, traduciu ao galego a novela «O gardián invisible» (Xerais 2013) de Dolores Redondo, participou na redacción do «Dicionario Xerais de Secundaria e Bacharelato» (2014) e publicou varios traballos académicos sobre lexicografía e linguaxe xornalística.
Descubre más sobre Héctor Cajaraville
Recibe novedades de Héctor Cajaraville directamente en tu email

Opiniones sobre ONCE PORTAS


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana