Hércules, fillo do deus Zeus e da mortal Alcmena, tiña desde neno tal forza que xogaba ás bólas cos planetas e ao aro cun dos aneis de Saturno. Xa de adulto, e a través do oráculo de Delfos, a deusa Hera ordénalle realizar doce traballos dificilísimos que lle imporía o temible rei Euristeo. Xa verás que, para ti, ler este libro non será o traballo número trece, porque é ameno e porque está cheo de tanto humor que ata o malvado Euristeo se botaría a rir. Nel veremos a historia dun Hércules moi peculiar: semideus do estrafalario, heroe do disparate, e cun aspecto físico diferente do aspecto ao que nos ten afeitos. Agora mesmo é un bo momento para que mergulles nesta versión dos doce traballos de Hércules e coñezas o león de Nemea, cuxos cairos eran dúas medias lúas crecentes. E a hidra de Lerna de nove cabezas, que intentaba volverte tolo falándoche de nove cousas distintas a un tempo. E as eguas de Diomedes, que cos seus cascos de cortiza podían galopar sobre o mar. E o xardín das Hespérides, onde as mazás eran de ouro e o ouro era de mazá. E tamén o can Cérbero de tres cabezas, que ladraba en tres idiomas diferentes.
Ficha técnica
Ilustrador: Siro
Editorial: Hércules
ISBN: 9788419754547
Idioma: Gallego
Número de páginas: 88
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 22/07/2024
Año de edición: 2024
Plaza de edición: A Coruña
Colección:
Novas Lecturas de Hércules
Novas Lecturas de Hércules
Número: 57
Alto: 24.0 cm
Ancho: 16.5 cm
Grueso: 4.0 cm
Peso: 300.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Carlos López
Carlos López (Boimorto-A Coruña, 1967) é escritor e xornalista. Recibiu numerosos premios como integrante do dúo de humor gráfico Pinto & Chinto. Entre os galardóns máis destacados como autor de literatura infantil están o Premio Merlín 2007, The White Ravens 2011 e 2014, Lista de Honor de Clij 2014, Premio Frei Martín Sarmiento 2007 e 2017, Premio Raíña Lupa, Premio Xosé Neira Vilas e Fervenzas Literarias 2010. En Xerais publicou «Minimaladas» (2007), «Novas minimaladas» (2008), «Cámbiache o conto!» (2016), «Bichería» (2020) e «Mediometrópole e os superheroes» (2023).