En 1972 publicábase The limits to Growth, (Os límites do crecemento), unha obra que resume o informe (coñecido como informe Meadows) solicitado polo Club de Roma ao Massachusetts Institute of Technology. Preparado por un grupo de profesores e investigadores desta institución, trata de analizar os retos da Humanidade cara ao futuro, nun momento xeneralizado de desilusión e incertezas e tras dúas décadas de crecemento económico extraordinario: no paso dende o capitalismo produtivo ao capitalismo financeiro; no comezo da globalización económica e das tecnoloxías da información e comunicación, unha consecuencia doutra. O resultado reafirma que o camiño que seguiu a humanidade ata daquela era erróneo, e suxire alternativas para reconducir a situación, demandando actuacións con urxencia. Conclusións que foron duramente atacadas dende o poder establecido. Cincuenta anos, varias edicións e traducións a máis de trinta linguas tiveron que pasar para comezar a declarar a situación do planeta como de emerxencia, ao que se se suma esta primeira tradución ao galego. Posiblemente tarde, mais mellor tarde que nunca.
Ficha técnica
Editorial: Editorial Galaxia, S.A.
ISBN: 9788491518457
Idioma: Gallego
Número de páginas: 232
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 16/05/2022
Año de edición: 2022
Plaza de edición: Es
Colección:
Ensaio
Ensaio
Número: 113
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.5 cm
Peso: 310.0 gr
Especificaciones del producto
Opiniones sobre OS LIMITES DO CRECEMENTO
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!