📗 Libro en gallego OS MEGATOXOS E OS TEMPLARIOS DA LUZ

A NOSA TERRA- 9788483414088

Infantil 10 a 12 años Literatura 10 a 12 años

Sinopsis de OS MEGATOXOS E OS TEMPLARIOS DA LUZ

Para Ruxe, Ninfa, Lúa e Faísca, a vida non volverá a ser igual despois dos recentes acontecementos vividos. Algo tan inocente como unha viaxe de estudos coa clase vai transformarse, grazas a intervención dos xemelgos Ezbel e Exeria, nun inesperado pesadelo. Os Megatoxos descubrirán que as redes dos misteriosos Templarios da Luz esténdense a todos os niveis e que, para a súa desgraza, están máis ligados á súa existencia do que lles gustaría aceptar. Uns descubrimentos que realizarán no pasado, no medio da Revolución Industrial en París, a cidade das luces. Alí terán que facer fronte a unha decisión na que, nun lado da balanza estará un ser querido e no outro, unha cidade enteira. Elixan o que elixan, o futuro non volverá a ser o mesmo.


Ficha técnica


Editorial: A Nosa Terra

ISBN: 9788483414088

Idioma: Gallego

Número de páginas: 168

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 31/10/2009

Año de edición: 2009


Especificaciones del producto



Escrito por Anxo Fariña Temprano


Anxo Fariña (Vigo, 1977). Licenciado en Belas Artes. Escritor, ilustrador e director de Arte. Coñecido autor que compaxina o traballo creativo co contacto directo cos seus lectores, que comprenden un amplo espectro debido á súa variada obra. Ten participado en Salóns do Libro, obradoiros de ilustración, conferencias para docentes ou en campañas de promoción do galego para a Xunta de Galicia, como «Graffiti e letras», «Creando historias con Anxo Fariña» e «Ti creas a historia». Ademais de ler, gústalle escalar, o deseño, os robots, facer snowboard, os reloxos, a arquitectura, correr... e debuxar con música de Frank Sinatra! En Xerais ten publicados os libros «A chave da Atlántida» (Premio Merlín de Literatura Infantil 2011 e Premio Frei Martín Sarmiento 2013), a exitosa serie «Os Megatoxos» (que leva sete títulos publicados) e a serie «Gliz» para primeiros lectores (2017), así como as novelas «Horizonte de sucesos» (2016), «4 xinetes» (2017) e «Os ecos do lume» (2019). Anxo Fariña mantén o seu blog: http://megatoxos.blogspot.com/
Descubre más sobre Anxo Fariña Temprano
Recibe novedades de Anxo Fariña Temprano directamente en tu email

Opiniones sobre OS MEGATOXOS E OS TEMPLARIOS DA LUZ


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana