Ficha técnica


Ilustrador: Mª Luisa Torcida

Editorial: Bruño

ISBN: 9788421690802

Idioma: Castellano

Encuadernación: Tapa dura

Fecha de lanzamiento: 25/09/2002

Año de edición: 2002

Plaza de edición: Madrid
Alto: 18.0 cm
Ancho: 14.0 cm

Especificaciones del producto



Escrito por ANA Mª FERNANDEZ


FERNÁNDEZ MARTÍNEZ, ANA MARÍA (Palma de Mallorca, 1949) Estudou Maxisterio e, máis tarde, licenciouse en Filosofía e Letras na Universidade de Santiago. Exerceu como mestra no Ensino Primario e na Educación Infantil. Colaborou na revista Vagalume e obtivo o primeiro premio "O Facho" de contos en 1977 con Os amigos do cabaceiro e, xunto con Xoán Babarro, "O Facho" de teatro (1983) e "O Barco de Vapor" de 1985 e 1989. Participa na obra de investigación sobre o folclore infantil Dedín, dedín de pequenequín (Ediciós do Castro, 1990). Conta co Premio Lazarillo de Creación Literaria, conseguido en 2001 con Amar e outros verbos. A súa obra O país de amarnos figura na lista de honor da IBBY do 2006. É autora de diferentes traducións e conta con abundante bibliografía realacionada co ensino da lingua en Educación Infantil e Primaria. Entre as súas obras figuran Pola rúa dos versos (1990), Ondas de verde e azul (1994), Oliña de azucre (1995), O cacarabicolé (1997), A longa viaxe de Carambeliña Polar (1998), Contos da selva de Longorongón (1998), "Gulliver", Debúxame un conto (1999), Tres voltas ó Planeta (2000), Tres risas e unha voda (2001), A casa de había unha vez (2001), Amar e outros verbos (2002), O país de amarnos (2004), ¿Quen vive aquí? (2004), Contos con sombreiro (2005), Poemas que me cantou o grilo (2007), Historias que contan as paredes (2008), Do A ao Z con Rosalía (2009) e Páxinas de Carricanta (2011). En colaboración con Xoán Babarro publica Primeiro libro con Malola (1985), Tres países encantados (1986), Grande invento para saír do aburrimento (1987), Barrigaverde e o dragón Achís (1990), A chamada das tres raíñas (1991), As vacacións máxicas de John Liberty (1995), E un día chegou Miroslav (1997), O parque da chave dourada (1997), As bruxas esbrúxulas (1999), Os xigantes de nunca acabar (1999), Contos do reino de Mamoranguá (2000), Na barriga do dragón ( 2004), O fillo do rei desaparecido (2005), Crystyan Magic. Atrapado na torre (2009), O Camiño de Santiago do A ao Z (2010) e outros.
Descubre más sobre ANA Mª FERNANDEZ
Recibe novedades de ANA Mª FERNANDEZ directamente en tu email

Opiniones sobre OSITO ALGODONES


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana