Mentres vela o cadáver do seu pai, un garda civil autoritario e obsesivo, Alfredo lembra a súa vida.A ocasión é propicia para que os recordos vaian agromando e asistamos á narración da vida difícil dun rapaz de procedencia rural que ten que loitar bravamente por todo o que vai conseguindo. Unha novela do noso tempo e do noso país co fondo da transición política, na que a vida do protagonista discorre marcada polo enfrontamento co seu pai.
Ficha técnica
Editorial: Galaxia
ISBN: 9788482884325
Número de páginas: 176
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 01/04/2001
Año de edición: 2001
Plaza de edición: Es
Especificaciones del producto
Escrito por Pepe Carballude
Pepe Carballude (Rubín, A Estrada, 1956) é licenciado en Filoloxía Clásica. A súa ampla traxectoria na literatura galega deixou títulos como O xílgaro pintor, Os gazafellos (Premio Barco de Vapor 1986), Mimos e máis mimos, Investigación 091, Andainas de Pedro Chosco, SOS, Maldito DNI, Talismán dos druídas, Andrea quere ser maior, Paisaxe con fondo gris, De como o Santo dos Croques se fai peregrino (Premio Barco de Vapor 2002) e Marxinados, entre outros.