Abrirse camiño profesionalmente, aínda máis. E moi en especial en sectores, aínda a día de hoxe, moi masculinizados, como o da investigación científica. Este libro aborda o papel xogado polas pioneiras da ciencia no noso país. Conta, pois, a súa epopea para ser tomadas en serio nese mundo de homes en tempos, incluso, en que se dubidaba da capacidade intelectual das mulleres para poder entender as máis básicas cuestión da vida. No camiño que aínda nos queda por percorrer para chegar a esa Igualdade, tamén no eido científico, as mulleres que aparecen neste libro resultaron esenciais. Investigadoras, teóricas, estudosas… todas elas puxeron as bases para que hoxe unha investigadora non sexa unha rareza dentro dun laboratorio…
Ficha técnica
Editorial: Editorial Galaxia, S.A.
ISBN: 9788491517726
Idioma: Gallego
Número de páginas: 250
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 25/11/2021
Año de edición: 2021
Plaza de edición: Vigo
Colección:
Feminismos
Feminismos
Número: 11
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.5 cm
Peso: 325.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por EDUARDO ROLLAND ETCHEVERS
Eduardo Rolland Etchevers naceu en Vigo en 1969. Estudou Xornalismo na Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid. Foi redactor do xornal Faro de Vigo e na actualidade exerce o xornalismo en La Voz de Galicia e A Nosa Terra, onde publica reportaxes e artigos de opinión. É colaborador habitual de revistas como National Geographic ou Integral. Foi Premio de Xornalismo Johan Carballeira 2003, Premio de Xornalismo Científico Xunta de Galicia, en 2004, e Premio Nacional de Xornalismo "Francisco Fernández del Riego", en 2006. Participou con obra literaria no libro colectivo Phiccións (Xerais, 2000), é autor de Galicia en Guerra (Xerais, 2006) e Reconquista. Vigo en armas (Xerais, 2009), ademais de Galicia, Rutas con Historia e La batalla de Rande, ambas con Prensa Ibérica. No audiovisual, dirixiu a serie Do Miño ao Ulla (Faro, 2001) e a longametraxe documental A Arañeira (TVG, 2008).