📗 Libro en gallego POESIA GALEGA COMPLETA III, POEMAS MANUSCRITOS

SOTELO BLANCO EDICIONS- 9788478244065

Estudios literarios Poesía

Sinopsis de POESIA GALEGA COMPLETA III, POEMAS MANUSCRITOS

Con esta edición Eduardo Pondal. Poesía galega completa III. Poemas manuscritos, o profesor Manuel Ferreiro pon de manifesto a solidez dun traballo levado a cabo por el durante anos. A vontade de Eduardo Pondal con relación ó futuro da súa obra poética inédica ficou expresa no seu derradeiro testamento: «Dejo mis manuscritos literarios y mis impresos poéticos a la Real Academia Gallega para que los expurgue en connivencia con mis albaceas». Deste xeito, a empresa da edición dos materiais manuscritos —neste caso líricos— existentes na RAG, e noutros arquivos, revélase como tarefa fundamental por canto responde á vontade explícita do autor e tamén por se tratar da obra dunha das figuras máis sobranceiras da literatura galega. Cómpre ter en conta dúas cuestións fundamentais á hora de establecermos o corpus da lírica manuscrita: a definición de poema e a fixación textual dos poemas manuscritos, nomeadamente dos autógrafos. Deste xeito, hai poemas manuscritos perfectamente acabados, e mesmo asinados nalgún caso, semellando estaren dispostos para a súa publicación; hai poesías que contan cunha única redacción autógrafa con vacilacións e alternativas de redacción, que constitúen a maioría dos casos; composicións que presentan redaccións múltiples con diferente grao de finalización, onde non resulta dificultoso determinar a redacción preferente; textos con dúas ou máis redaccións completas, en diferentes papeletas; poemas para os que existen varias redaccións diverxentes e composicións que aparecen con diversas redaccións sucesivas e acabadas, na mesma papeleta, que mostran unha pregresión conceptual e literaria. A lírica pondaliana de transmisión apógrafa está constituída por todos aqueles textos de que non contamos con testemuño manuscrito autógrafo, quer publicados após da morte do poeta, quer manuscritos en copias

Ficha técnica


Editorial: Sotelo Blanco Edicions

ISBN: 9788478244065

Idioma: Gallego

Número de páginas: 596
Tiempo de lectura:
14h 16m

Encuadernación: Tapa dura

Fecha de lanzamiento: 16/10/2002

Año de edición: 2002

Plaza de edición: Santiago de Compostela

Especificaciones del producto



Escrito por EDUARDO PONDAL


Antonio García Teijeiro (Vigo 1952) é un dos grandes poetas e narradores da literatura infantil e xuvenil galega. Ten publicada unha extensa obra poética dirixida ao público máis novo, con máis de cincuenta títulos, iniciada en 1988 cos libros «Coplas», «Nenos» e «Aloumiños». En Xerais publicou os seguintes títulos de poesía: «Retorno ós lamentos» (1988); «Ventos» (1992; «Lueiro de papel» (1995; «Na fogueira dos versos» (1996), Premio Merlín 1996, Lista de Honra do IBBY 1997 e Premio Pier Paolo Vergerio 1998; «O que ven os ollos dos nenos» (2001), prosa poética; «Os nosos versos» (1997, Xerais 2003), antoloxía poética; «Chove nos versos» (2004); «Recendos de aire sonoro» (2011); «Un rato díxolle á lúa» (2013), antoloxía da súa obra preparada por Fran Alonso; «Lendo lendas, digo versos» (2015), en colaboración con Antonio Reigosa, Premio Gala do Libro Galego á mellor iniciativa bibliográfica 2016; «Poemar o mar» (2016), Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2017, «Paseniño, paseniño» (2018), «Vento, ventiño, venteiro» (2019), e «No xardín do poeta» (2021). No eido da narrativa para mozos e mozas publicou en Xerais: «En voz baixa» (1998); «Os peixes de cores» (2002); «Honorato, o rato namorado» (2007) e «Verbas de sal» (2011). Tamén preparou a «Antoloxía de Celso Emilio Ferreiro» (1989) publicada na Biblioteca das Letras Galegas.
Descubre más sobre EDUARDO PONDAL
Recibe novedades de EDUARDO PONDAL directamente en tu email

Opiniones sobre POESIA GALEGA COMPLETA III, POEMAS MANUSCRITOS


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana