📗 Libro en gallego QUEN MATOU O CANTINO. O 36 NO CONCELLO DE NOIA

O 36 no Concello de Noia

Edicións Xerais - 9788499145013

Comunicación Periodismo

Sinopsis de QUEN MATOU O CANTINO. O 36 NO CONCELLO DE NOIA

Ramón Mayán Ramos, o Cantino, veciño de Noia, foi executado no cemiterio de Boisaca o 10 de outubro de 1936, acusado polos fascistas de «cometer un delito de rebelión militar». A súa figura, que mesmo chegou a formar parte da ficción baixo o nome de Dombodán nas páxinas de O lapis do carpinteiro de Manuel Rivas, é o centro desta investigación, onde Xerardo Agrafoxo pretende achegarse aos motivos reais que levaron ao asasinato deste mozo. En Quen matou o Cantino? nárrase, de forma documentada, con declaracións de testemuñas e actas do Tribunal Militar, a dramática e inxusta historia deste noiés, que nos primeiros momentos do alzamento militar contra a República se une a un grupo de mineiros de San Finx e a outros traballadores sindicalistas coa intención de se mobilizaren contra a conspiración.Malia a documentación manexada ata o de agora, como o propio autor expresa no limiar da obra, «nunca soubemos con exactitude que circunstancias o levaron a perder a vida diante dun piquete de fusilamento. Quen o denunciou? Quen tivo a coraxe de acusar este home diante dun tribunal militar? Quen foron os autores intelectuais do seu fusilamento en Boisaca?» O presente libro descifra todas estas interrogantes.Ramón Mayán Ramos, o Cantino, veciño de Noia, foi executado no cemiterio de Boisaca o 10 de outubro de 1936, acusado polos fascistas de «cometer un delito de rebelión militar». A súa figura, que mesmo chegou a formar parte da ficción baixo o nome de Dombodán nas páxinas de O lapis do carpinteiro de Manuel Rivas, é o centro desta investigación, onde Xerardo Agrafoxo pretende achegarse aos motivos reais que levaron ao asasinato deste mozo. En Quen matou o Cantino? nárrase, de forma documentada, con declaracións de testemuñas e actas do Tribunal Militar, a dramática e inxusta historia deste noiés, que nos primeiros momentos do alzamento militar contra a República se une a un grupo de mineiros de San Finx e a outros traballadores sindicalistas coa intención de se mobilizaren contra a conspiración.Malia a documentación manexada ata o de agora, como o propio autor expresa no limiar da obra, «nunca soubemos con exactitude que circunstancias o levaron a perder a vida diante dun piquete de fusilamento. Quen o denunciou? Quen tivo a coraxe de acusar este home diante dun tribunal militar? Quen foron os autores intelectuais do seu fusilamento en Boisaca?» O presente libro descifra todas estas interrogantes.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788499145013

Idioma: Gallego

Número de páginas: 160
Tiempo de lectura:
3h 44m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 12/06/2013

Año de edición: 2013

Plaza de edición: Es
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - CRÓNICA - Memoria
Alto: 22.0 cm
Ancho: 14.5 cm
Grueso: 1.4 cm
Peso: 251.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Xerardo Agrafoxo


Xerardo Agrafoxo (1952, Noia) é licenciado en Xeografía e Historia, graduado en Historia e doutor en Prehistoria. No ámbito da arqueoloxía e da historia escribiu as obras Prehistoria e Arqueoloxía da Terra da Barbanza (1986); Noia: Unha vila histórica (1987); 400 anos na historia de Noia (1991); A Segunda República en Lousame e Noia (1993); 1936: A Guerra Civil en Lousame e Noia (Testemuñas dunha represión) (1995); 1937: A Guerra Civil en Lousame e Noia (O fusilamento de David Mariño Ramos) (1997); e 1938/1939: A Guerra Civil en Lousame e Noia (O triple crime de Marselle. A traxedia do Baleares) (1999); Memorias do Franquismo (A época do wolfram en Lousame. A corporación de Noia en Meirás) (2002); Crónicas dunha democracia (A transición política en Noia. Os dous mandatos de Díaz Fornas) (2006); A revolta nacionalista (A Noia de Pastor Alonso. O goberno de Bieito González); Noia no cambio de século (2008) e Quen matou o Cantino? O 36 no concello de Noia (Xerais, 2013). Sobre didáctica da historia publicou Didáctica da prehistoria de Galicia (1992); Didáctica da historia antiga e medieval de Galicia (1993); Didáctica da historia moderna de Galicia (1993); e Didáctica da historia contemporánea de Galicia (1997). Ademais é autor de Biografía de María Mariño (2007), María Mariño: Retrato dunha vida (2007); O triángulo de Oscar Wilde (2003), relatos eróticos; Unha viaxe no Ford T (Premio García Barros, 2004), novela; e O violinista de Malá Strana (2008), novela.
Descubre más sobre Xerardo Agrafoxo
Recibe novedades de Xerardo Agrafoxo directamente en tu email

Opiniones sobre QUEN MATOU O CANTINO. O 36 NO CONCELLO DE NOIA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana