Sinopsis de RAMON PIÑEIRO OU A REINVENCION DA CULTURA GALEGA
Con motivo do Día das Letras Galegas dedicado a Ramón Piñeiro, Editorial Galaxia publica este libro no que o profesor Xesús Alonso Montero fai un percorrido pola vida e a obra do escritor, realizando un retrato moral e intelectual do autor de Filosofía da saudade. Segundo Xesús Alonso Montero, Ramón Piñeiro non só logrou continuar o proxecto tronzado en 1936 senón reinventar a cultura galega. O autor salienta o papel do intelectual galeguista como promotor da recuperación da cultura galega en plena ditadura franquista, nun momento en que as Letras en lingua galega, na Galicia franquista, eran irrelevantes, case inexistentes, e o uso social do vello idioma do país faría pensar que ese idioma só había producir, no futuro, unha literatura subalterna, "dialectal" e folclórica. Nese marco tan precario, cando non hostil, xorde o proxecto cultural que Alonso Montero describe pormenorizadamente en Ramón Piñeiro ou a reinvención da cultura galega. Desde o período anterior á Guerra Civil ata o seu papel como director literario de Editorial Galaxia, pasando polos anos de cárcere, a súa relación coa mocidade e a polémica con Luís Seoane, o libro é unha biografía intelectual de Piñeiro e un fresco do panorama cultural da época.
Ficha técnica
Editorial: Editorial Galaxia, S.A.
ISBN: 9788498651898
Idioma: Castellano
Número de páginas: 456
Tiempo de lectura:
10h 53m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 09/04/2009
Año de edición: 2009
Plaza de edición: Es
Colección:
Memoria
Memoria
Número: 21
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.5 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Xesús Alonso Montero
Xesús Alonso Montero (Vigo, 1928), filólogo, ensaísta e polígrafo, catedrático emérito da USC e doutor honoris causa pola UNED, foi presidente da Real Academia Galega (2013-2017). A súa ampla obra abrangue distintos campos temáticos, entre as que se poden salientar: Informe –dramático– sobre la lengua gallega (1973), As palabras no exilio. Biografía intelectual de Luís Seoane (1994), Oteriana (Galaxia, 2000), Curros Enríquez no franquismo (1936-1911) (2003), Laio polo irmán ausente. Castelao no epistolario de Otero Pedrayo e outras voces (Galaxia, 2006), A batalla de Montevideo (2003), Os escritores galegos ante a Guerra Civil española. 1936-1939 (Galaxia, 2001), Ramón Piñeiro ou a reinvención da cultura galega (Galaxia, 2009) Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo (2011, Premio Losada Diéguez, 2012) e Florencio Delgado Gurriarán. Poeta na terra, na guerra e no exilio (Antoloxía poética) (Galaxia, 2022).