📗 Libro en gallego REALIDADES E HORIZONTES DA EDUCACIÓN EN GALICIA

Varios autores

Kalandraka Editora - 9788413433257

Pedagogía Historia y filosofía de la educación

Sinopsis de REALIDADES E HORIZONTES DA EDUCACIÓN EN GALICIA

Realidades e horizontes da educación en Galicia quere ofrecer unha mirada panorámica sobre cuestións fundamentais do desenvolvemento educativo en Galicia. Cuestións abordadas, porén, con algunha profundidade e de xeito especializado. Quere ser tamén unha homenaxe á traxectoria docente e investigadora do profesor Antón Costa Rico, quen ao longo de máis de catro décadas asumiu un relevante papel na docencia universitaria e na xestión institucional: a presidencia de Nova Escola Galega (NEG), a dirección do Instituto de Ciencias da Educación da USC, o decanato da Facultade de Ciencias da Educación (USC), a presidencia da Sociedad Española de Historia de la Educación (SEDHE) ou, máis recentemente, a dirección da colección Biblioteca de Pedagoxía de Kalandraka Editora.

Sempre atento ás obrigas contraídas cos estudantes e colegas, estendeu o seu maxisterio a diferentes áreas, entre as que cabe destacar a das políticas educativas, a metodoloxía historiográfica ou o coñecemento dos clásicos e modernos do pensamento pedagóxico, contribuíndo a tecer redes que deron pulo á renovación educativa, ao coidado e protección do patrimonio educativo e ao cultivo da lingua galega.

Neste libro-homenaxe proxéctanse os testemuños ?reconvertidos en temas, reflexións e propostas? dun amplo e diversificado conxunto de docentes, investigadores e especialistas con traxectorias diversas, representativas de distintas sensibilidades e pareceres, que ?dun xeito ou doutro? mantiveron ou manteñen relacións de amizade e aprecio con Antón Costa.


Ficha técnica


Editorial: Kalandraka Editora

ISBN: 9788413433257

Idioma: Gallego

Número de páginas: 336
Tiempo de lectura:
7h 59m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 08/11/2024

Año de edición: 2024

Plaza de edición: Pontevedra

Colección:
Biblioteca de pedagoxía

Alto: 21.5 cm
Ancho: 15.0 cm

Especificaciones del producto



Opiniones sobre REALIDADES E HORIZONTES DA EDUCACIÓN EN GALICIA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana