GALLEGO

Retratos en fite

(0)
70% de descuento en envíos desde España. Compra mínima de $3,065.
Entrega aproximada el viernes 4 de diciembre.

Sinopsis

"Foi á volta do pasado verán que me veu un día ás mentes a idea dun libriño cun feixe de textos meus, nos que facía a miña moi persoal evocación de persoas coas que eu tivera trato de amizade ou camaradaxe, ou relación dalgún xeito discipular, no decurso da miña vida. Foran escritos ao longo dos anos, dende hai ben decenios, con ocasión dalgún evento que as atinxía ou solicitados para algunha publicación dedicada a calquera delas. Na miña confusa memoria, eu coidaba que non pasarían de ducia e media ou así, de xeito que darían para un libriño pequecho, unha sorte de recordatorio sentimental colectivo.
O caso é que os meus compañeiros de Laiovento -os entrañábeis e decote solidários Suso Couceiro, Afonso Ribas e Pepe Carreiro- acolleron a miña suxerencia coa xenerosidade e o entusiasmo que os identifica -fonte nutricia da abnegada enerxía altruísta coa que gobernan en ousada singladura a nosa inxel lanchiña, tan mariñeira ela, nestes adversos tempos de involución histórica. Mais posto a apañar os textos arquivados no meu ordenador, ou no da miña infalíbel Isabel antes de eu dispor de semellante chirimbolo, resultou seren perto de medio cento, e alarmoume coidar que a dimensión do libro que darían resultaría disuasoria para o público leitor, e ruinosa para a nosa pequena editorial. Deixei o proxecto hibernado durante meses, até que os meus compañeiros me convenceron de editar a presada completa deses textos, e daquela veleiquí vos van, expostos ao 'vintimperio'. Pepe Carreiro fíxome o galano de embelecer a edición con algúns dos seus certeiros e inconfundíbeis debuxos, e así rotulei o volume como Retratos en fite, nunha chiscadela en contrapunto, e conmovida lembranza, aos deliciosos Retratos de esguello do ademirado, benquerido e endexamáis esquencido Luís Seoane -ousadía pola que espero me perdoe no alén."

Ficha Técnica

Editorial: Laiovento

ISBN: 9788484875918

Idioma: Gallego

Número de páginas: 248

Tiempo de lectura: 5h 52m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 16/11/2022

Año de edición: 2022

Especificaciones del producto

Xosé Manuel Beiras

Escrito por Xosé Manuel Beiras

Xosé Manuel Beiras (Compostela, 1936 - 2026), foi unha figura clave na Galiza contemporánea, tanto pola súa faceta de economista, como catedrático de Estrutura Económica na USC, como pola de político e referente social.

Autor de ensaios fundamentais do pensamento económico galego, como Por unha Galiza liberada e O atraso económico da Galiza. Últimamente traduciu Catro cartas a un amigo alemán e outros textos e A desfeita, de Albert Camus. Excelente articulista e orador, é recoñecido como un dos intelectuais con maior lucidez á hora de interpretar o noso mundo.

Destacou como activista e membro do Consello Internacional do Foro Social Mundial.

No eido político foi cofundador do PSG e do BNG. Posteriormente liderou o Encontro Irmandiño e estivo á fronte do agromar de Anova–Irmandade Nacionalista en xullo de 2012. Nese mesmo ano Anova promoveu a coalición Alternativa Galega de Esquerda (AGE), da que Beiras foi portavoz parlamentario.

Descubre más sobre Xosé Manuel Beiras

Recibe novedades de Xosé Manuel Beiras directamente en tu email

Reseñas sobre Retratos en fite

Comparte tu experiencia con la comunidad lectora.

0

0 Reseñas

5 0
4 0
3 0
2 0
1 0

Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en
20€

Los libros más vendidos esta semana