Cada noite Erea espertaba cun chii-chi-chiiiii, o renxer característico da bicicleta do seu veciño e saltaba da cama para velo saír. A ela non lle sorprendía nin que a bicicleta fose daquelas antigas que tiñan unha roda grande diante, e outra pequena detrás. Tampouco lle sorprendía o nome do seu veciño: Rubicundo. Nin lle parecía raro que todas as noites subise na súa bicicleta e comezase a viaxe enriba da árbore do seu xardín, ata perderse de vista. A Erea o que si lle parecía estraño era a súa indumentaria, un gabán e un sombreiro de copa negros, e debaixo un traxe da cor do acibeche. Erea era así, fixábase nos detalles máis sinxelos.
Ficha técnica
Ilustrador: Nuria Díaz
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788499148212
Idioma: Gallego
Número de páginas: 88
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 12/03/2015
Año de edición: 2015
Plaza de edición: Es
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 9 anos en diante
INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 9 anos en diante
Número: 244
Alto: 19.5 cm
Ancho: 14.0 cm
Grueso: 0.9 cm
Peso: 142.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por María Canosa
María Canosa (Cee, 1978) é enxeñeira de Camiños, Canais e Portos, profesión que leva compaxinando desde sempre coa de escritora. Tamén é profesora de Matemáticas de ensino secundario e articulista no xornal «La Voz de Galicia» desde hai case dúas décadas, ademais de colaborar en varios programas de debate da «Radio Galega» e «Radio Voz». Desenvolveu o papel de "experta en letras" en distintos concursos televisivos de corte cultural, como «Cifras e letras», «Verbas van» ou «Coma un allo». É a condutora do programa literario «Léocho», da TVG. Recibiu o Premio Rosalía de Castro da Lingua pola súa contribución á promoción da lingua galega. É autora dunha extensa obra narrativa infantil e xuvenil, iniciada con «Bramido maino» e «A pedra de seixo» (1997) e continuada por títulos como «O papaventos de Laura» (2011); «Xiana, a nena pirata» (2012); «Druídas» (2014); «Rubicundo» (Xerais, 2015), finalista do Premio Merlín 2014; «O día que choveu do revés» (Xerais, 2016) , finalista do Premio Merlín 2015; «A cazadora de estrelas» (Xerais 2017), finalista do Premio Merlín 2016; «Muriel» (Xerais, 2017), Premio Merlín 2017; «Unha fábrica de bicos» (Xerais, 2020), álbum ilustrado por Dani Padrón; «As pombas de Bastián» (Xerais, 2021); «Muriel. Caos no laboratorio lácteo» (Xerais, 2023) e «Escola de bruxas» (Xerais, 2024). Con motivo do Día das Letras Galegas de 2023, ese ano publica na colección Merlín a biografía infantil «Luísa Villata. Melodía de palabras» (Xerais, 2023). Como narradora publicou «Faíscas» (2009), «DisParo» (2016), «Non é París» (2016), «Cando cae a luz» (2016) e «O lado do que dormes» (Xerais, 2019). É autora, ademais, do libro de poemas «Ronca o mar» (2011), Premio Avelina Valladares. Con «Dipnoi» (Xerais, 2026) estréase na colección Fóra de xogo.