Sinopsis de SE TARTARUGA (PREMIO EDEBÉ DE LITERATURA INFANTIL 2023)
O galo Lourenzo está a pasar unha mala tempada. Leva moito tempo sen traballo e non ten cartos. Un día ofrécenlle ser profesor de canto e Lourenzo entusiásmase, porque a música é o seu. Pero o traballo non é o que esperaba As súas alumnas son as Wonderful, cinco tartarugas vellouqueiras que teñen unhas voces espantosas! E o peor é que pretenden que Lourenzo as axude a gañar un concurso de canto Co seu entrañable optimismo e a súa bondade infinita, as tartarugas porán a proba a paciencia do galo e aprenderanlle que, nesta vida, o que importa non é chegar lonxe, senón gozar do camiño.
Ficha técnica
Traductor: Isabel Soto López
Ilustrador: Anna Baquero Font
Editorial: Rodeira - Grupo Edebe
ISBN: 9788483498101
Idioma: Gallego
Número de páginas: 216
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 14/04/2023
Año de edición: 2023
Plaza de edición: Es
Colección:
Tucan Naranja (Edebe)
Tucan Naranja (Edebe)
Serie/Saga: TUCAN NARANJA (EDEBE)
Alto: 19.5 cm
Ancho: 13.0 cm
Grueso: 1.3 cm
Peso: 320.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Agustín Sánchez Aguilar
Agustín Sánchez Aguilar naceu en Barcelona un domingo de verán. Non ben entrou na escola, colleulle o gusto a ler, e desde aquela saltarica de libro en libro: pasa media vida lendo o que outros escriben e a outra media escribindo o que outros len. Traballa como profesor na universidade, dá conferencias sobre como animar os adolescentes a ler, escribe en verso de cando en vez e adaptou para nenos algúns grandes clásicos da literatura universal, como O Quixote e as Metamorfoses de Ovidio. Gústalle viaxar, andar en bici, botar a voar papaventos, rir coas súas fillas das trapalladas que saen pola tele e dar longos paseos pensando nas súas cousas. Publicou as novelas Equis y yo, sobre un pingüín intergaláctico que se lembra de todo, e La leyenda del Cid, sobre un guerreiro medieval do que todos se lembran. No seu libro Hay que salvar a Carmelo, un neno pídelles aos Reis Magos un porquiño de peluche, pero recibe un porco de verdade. Grazas a ese relato, gañou o Premio Ciudad de Málaga de Literatura Infantil e entrou na prestixiosa lista White Ravens. O seu gran soño é coñecer as Wonderful, as cinco tartarugas do seu último libro, e cantar karaoke con elas.