📗 Libro en gallego SONATA DE AMIGOS

Edicións Xerais- 9788497829441

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de SONATA DE AMIGOS

"Non está de máis botar unha ollada serena para atrás. Iso pretendín con estas notas, subxectivas e apaixonadas até o tormento, das que o único responsable é quen isto escribe, que exerce libérrimo o dereito da memoria, conscientemente selectiva e neuroticamente teimuda". Son as palabras coas que Benedicto (García Villar), un dos fundadores de Voces Ceibes, presenta Sonata de amigos. Benedicto abre ao lector a intimidade da súa memoria cunha mirada ao pasado que busca, como cada un dos pasos dados polo autor ao longo da súa vida, contribuír á mellora do presente.Nas páxinas deste volume Benedicto rememora as súas orixes familiares, que o unen para sempre a Santiago de Compostela, cidade universitaria onde viviu a revolta estudantil de 1968, orixe dos variopintos compromisos cívicos do autor: dende a loita antifranquista ate a construción do sindicalismo democrático; dende a música entendida como instrumento de intervención social até o ensino como palanca de transformación; dende o uso da palabra escrita até a reivindicación da amizade como elementos dun mundo máis humano. Por Sonata de amigos desfilan acontecementos e personaxes claves da nosa historia. Sen eles tanto a historia recente de Galicia como o noso presente serían distintos."Non está de máis botar unha ollada serena para atrás. Iso pretendín con estas notas, subxectivas e apaixonadas até o tormento, das que o único responsable é quen isto escribe, que exerce libérrimo o dereito da memoria, conscientemente selectiva e neuroticamente teimuda". Son as palabras coas que Benedicto (García Villar), un dos fundadores de Voces Ceibes, presenta Sonata de amigos. Benedicto abre ao lector a intimidade da súa memoria cunha mirada ao pasado que busca, como cada un dos pasos dados polo autor ao longo da súa vida, contribuír á mellora do presente.Nas páxinas deste volume Benedicto rememora as súas orixes familiares, que o unen para sempre a Santiago de Compostela, cidade universitaria onde viviu a revolta estudantil de 1968, orixe dos variopintos compromisos cívicos do autor: dende a loita antifranquista ate a construción do sindicalismo democrático; dende a música entendida como instrumento de intervención social até o ensino como palanca de transformación; dende o uso da palabra escrita até a reivindicación da amizade como elementos dun mundo máis humano. Por Sonata de amigos desfilan acontecementos e personaxes claves da nosa historia. Sen eles tanto a historia recente de Galicia como o noso presente serían distintos.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788497829441

Idioma: Gallego

Número de páginas: 184
Tiempo de lectura:
4h 19m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 11/12/2008

Año de edición: 2008

Plaza de edición: Es
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - CRÓNICA - Memorias
Alto: 24.0 cm
Ancho: 17.1 cm
Grueso: 1.2 cm
Peso: 323.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Benedicto García Villar


Benedicto García Villar (Santiago de Compostela, 1947). Estudante antifranquista que coñeceu o 68 compostelán, fundador de Voces Ceibes, compañeiro de José Afonso, cantor con tres discos ás súas costas (Eu son a voz do pobo, Pola unión, O nome das cousas), militante comunista contra a ditadura, mestre vocacional, sindicalista, animador de mil causas, amigo dos seus amigos... Son aspectos moi variados dunha traxectoria vital que se pode resumir nun sinxelo título: cidadán por un mundo máis xusto. En 2008 publicou Sonata de amigos (Xerais), o seu libro de memorias
Descubre más sobre Benedicto García Villar
Recibe novedades de Benedicto García Villar directamente en tu email

Opiniones sobre SONATA DE AMIGOS


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana