ADN, a axencia de detectives na que traballa Suso Espada, recibe o encargo de investigar un suposto caso de 'mal de ollo'. Nesas anda cando recibe un misterioso correo electrónico do seu curmán Francisco, que vive en México, no que lle pide axuda. Con autorización do seu xefe e sen abandonar o caso no que está a traballar, Suso desprázase a Oaxaca, a cidade onde reside a familia de Francisco. Alí descobre un mundo de delincuencia e de corrupción que alcanza a propia policía e outros estamentos sociais da cidade, pero tamén dá con persoas marabillosas que lle axudan e que lle ofrecen a súa amizade e protección na que é a máis trepidante e perigosa das súas aventuras.
Ficha técnica
Ilustrador: Fernández Naval Francisco Xosé
Editorial: Everest
ISBN: 9788440311498
Idioma: Gallego
Número de páginas: 224
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 23/11/2010
Año de edición: 2010
Plaza de edición: Es
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.7 cm
Grueso: 13.7 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Francisco X. Fernandez Naval
Francisco Fernández Naval (Ourense, 1956) é poeta e narrador. Recibiu o premio de poesía Cidade de Ourense (1980) por A Fonte Abagañada (1980) e Miño (2007) e o Premio Xerais de Novela por O bosque das antas (Xerais 1988). Como poeta tamén publicou Pabellón habitado (1987); Ara Solis (1996, edición bilingüe francés-galego, e posteriormente en castelán); Días de cera (1999) e Mar de Lira (2005). Ademais é autor das novelas: Tempo de crepúsculo (Xerais 1993), Sombras no labirinto (1997), Unha cita no aire (2005) e para o público xuvenil, Suso Espada, o misterio do Grial (2002), Suso Espada: Istambul e o cabaliño de ouro (2008) e A noite branca (2012), tamén editada en castelán; e dos libros de relatos Historias roubadas (1998), Lendas de hoxe, soños de mañá (2001) e Sete noites e un amnecer (2003). Como ensaísta publicou Respirar polo idioma -Os galegos e Julio Cortázar- (2006), editado en castelán en Buenos Aires (2007). Escribiu guías e libros de viaxe como Unha viaxe na procura do solpor -Do Tambre á fin da Terra- (2000), A Coruña monumental e turística (2002), Muros, ronsel de pedra, espiral de mar (2003) e Pereiro de Aguiar y la Ribeira Sacra ourensana (2008). É coautor das guías patrimoniais das provincias da Coruña e Ourense publicadas por Caixanova, así como de Galicia. Rutas con sabor, para El País-Aguilar. Destinado ao público infantil, escribiu o libro No corazón da fraga (2001), traducido ao castelán.