📗 Libro en gallego UXIO NOVONEYRA

A NOSA TERRA - 9788483414200

Estudios literarios Biografías y estudios de escritores

Sinopsis de UXIO NOVONEYRA

Un libro que percorre a obra e a traxectoria literaria dun poeta único e excepcional. Unha biografía argumentada por Carmen Blanco para seguir unha vida como a de Uxío Novoneyra tecida en paralelo aos seus compromisos literarios e humanos que tiveron sempre a Galicia como norte.


Ficha técnica


Editorial: A Nosa Terra

ISBN: 9788483414200

Idioma: Gallego

Encuadernación: Tapa dura

Fecha de lanzamiento: 27/11/2009

Año de edición: 2009


Especificaciones del producto



Escrito por Carmen Blanco


Carmen Blanco (Lugo, 1954) é autora de poesía, narrativa e ensaio. Como poeta publicou as mostras da súa obra poética en marcha Estraña estranxeira (2004), Un mundo de mulleres (2011) e Lobo amor (2011). Como narradora publicou a recreación de contos clásicos Vermella con lobos (Xerais, 2004) e a novela patchwork de microrrelatos Atracción total (Xerais, 2008). Como ensaísta publicou os libros Conversas con Carballo Calero (1989), Literatura galega da muller (Xerais, 1991), Carballo Calero: política e cultura (1991), Escritoras galegas (1992), Libros de mulleres. (Por unha bibliografía de escritoras en lingua galega: 1863-1992), (1994), O contradiscurso das mulleres (1995), Nais, damas, prostitutas e feirantas (Xerais, 1995), Mulleres e independencia (1995), Luz Pozo Garza: a ave do norte (2002), Alba de mulleres (Xerais, 2003), Sexo e lugar (Xerais, 2006), María Mariño. Vida e obra (Xerais, 2007), Casas anarquistas de mulleres libertarias (2007), Uxío Novoneyra, (2009), Novoneyra: un cantor do Courel a Compostela. O poeta nos lugares dos seus libros (2010) e Feministas e libertarias (2010). É autora de moi diversas edicións de ensaio e poesía, como María Mariño (2007) ou, con Claudio Rodríguez Fer, Con pólvora e magnolias (Xerais, 1976) de X. L. Méndez Ferrín, e Os eidos (Xerais, 1990) de Uxío Novoneyra, e , en solitario, Códice Calixtino (Xerais, 1991) de Luz Pozo Garza ou a mostra bilingüe Extranjera en su patria. Cuatro poetas gallegos. Rosalía de Castro, Manuel Antonio, Luís Pimentel, Luz Pozo Garza (2004). Publicou numerosas introducións e prólogos, e colaborou en moi variados libros colectivos, xornais e revistas. Co seu nome ou co heterónimo Emma Luaces publicou versións de Safo, José Ángel Valente ou José Agustín Goytisolo, e poemas da serie "Lobo azul". Deseñou os libros Tigres de ternura (1981, 1982) de Rodríguez Fer e ilustrou Historia da lúa (1984), Vulva (1990) e A muller núa (1992), así como o Manifesto por un movemento vital (1990) deste mesmo autor. E fixo o logotipo de Unión libre.
Descubre más sobre Carmen Blanco
Recibe novedades de Carmen Blanco directamente en tu email

Opiniones sobre UXIO NOVONEYRA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana