A Valentina Nunca Calas os apelidos íanlle coma un traxe a medida: aquela nena nunca nunca calaba. Unha tarde a nai mandouna por un paquete de sal e díxolle: - Non enredes polo camiño. Xa sabes que, en canto cae a noite, o Monstro da Media Cara… Charo Pita, escritora galega cunha longa e contrastada traxectoria profesional no mundo da narración oral, creadora de espectáculos onde a oralidade mestúrase coa música ou o debuxo, constrúe aquí unha poderosa alegación sobre o valor e o poder da palabra para afrontar e superar medos viscerais, esa emoción desacougante e incontrolada que se desata cando o cerebro detecta unha ameaza ou un perigo, real ou imaxinario.
Hai medos comúns a todas as persoas, e moitos outros que afectan só a algunhas delas, segundo a personalidade de cada quen. Neste caso, a protagonista atopa na súa capacidade de expresión un recurso fantástico –tamén autobiográfico?- para superar unha mecánica cerebral difícil de controlar, asumindo con sensatez racional, unha situación que non sabemos se é realmente perigosa.
Ficha técnica
Ilustrador: Marjorie Pourchet
Editorial: Oqo Editora
ISBN: 9788498717112
Idioma: Gallego
Número de páginas: 40
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 01/08/2023
Año de edición: 2023
Plaza de edición: Pontevedra
Colección:
colección O
colección O
Alto: 23.0 cm
Ancho: 25.0 cm
Grueso: 1.0 cm
Peso: 490.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Charo Pita y Marjorie Pourchet
Charo Pita (1966) é escritora, actriz e contacontos. Ten publicado Igor (2001), álbum; Desde Arcadia para Govinda (2001, Premio de poesía Espira Maior) e O arco da vella (Xerais 2009), álbum.