Sinopsis de VIVIR, UNHA AVENTURA IRREPETIBEL. BIOGRAFIA DE Mª DO CARME KRUKEN BERG
Este volume recolle a memoria da poeta, o seu testemuño persoal, acompañado da documentación que ata o de agora permanecía agochada no papel amarelecido dos xornais e das cartas. Coa liberdade como máxima vital, a protagonista deste libro atravesa o tempo da Guerra Civil, a experiencia amorosa, a maternidade e os anos de aprendizaxe en América. A carón da vocación literaria xorde a amizade con membros da xeración poética española do 27 e as horas compartidas con moitos dos escritores e artistas galegos do seu tempo.
Ficha técnica
Editorial: Editorial Galaxia, S.A.
ISBN: 9788498653588
Idioma: Gallego
Número de páginas: 268
Tiempo de lectura:
6h 21m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 14/03/2011
Año de edición: 2011
Plaza de edición: Es
Colección:
Memoria
Memoria
Número: 29
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.5 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Mercedes Queixas Zas
Mercedes Queixas Zas (A Coruña, 1968) é licenciada en Filoloxía galega pola Universidade da Coruña e exerce como docente de Lingua galega e literatura no CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco. É autora de ensaios de carácter divulgativo como Os trobadores do Reino de Galiza (1997) ou Breve historia da literatura galega (1999), ademais doutros estudos: Frei Martín Sarmiento. O inicio da recuperación da conciencia galega (2002), Ramón Piñeiro. A expresión cultural dunha estratexia política (2009), Vivir, unha aventura irrepetíbel. Biografía de Mª do Carme Kruckenberg (2011) e Lois Pereiro. A urxencia poética dun futuro alleo (2011). Ademais, é coautora da Historia xeral da literatura galega (2001). Ten participado como relatora en diferentes foros de formación do profesorado, análise literaria e planificación lingüística aplicada ao ámbito educativo. A súa última achega bibliográfica en 2013 foi a coordinación do monográfico para a Revista Galega de Educación dedicado a Rosalía de Castro e que leva por título «Aprendemos con Rosalía». Entre marzo de 2007 e agosto de 2010 exerceu como coordinadora territorial dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística da provincia da Coruña. Actualmente é secretaria xeral da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.