XEOGRAFIA HISTORICA DE GALICIA

XERAIS - 9788475079691

Geografía Geografía histórica

Sinopsis de XEOGRAFIA HISTORICA DE GALICIA

En Xeografía Histórica de Galicia non estamos diante dun libro de viaxes. Esta reinterpretación de Galicia realizada por un veterano xeógrafo irlandés pouco ten que ver co libro de George Borrow, que visitara Galicia hai máis dun século. Este libro, como acertadamente sinala o seu prologuista o tamén xeógrafo Xosé Manuel Souto, parte do visible para atopar o que se acocha por baixo da paisaxe: os asentamentos, os lugares de traballo (leiras e fábricas), as estradas, a organización territorial da sociedade, como compoñentes máis visibles da paisaxe cultural. Así as rexións culturais e naturais de Galicia son examinadas baixo o prisma teórico da Xeografía histórica, que serve para ensinarnos o noso propio País. A organización dos asentamentos, a estructura das paisaxes agropecuarias, os espacios marítimos, a protoindustrialización, a urbanización do territorio... son cuestións analizadas por O´Flanagan desde unha visión foránea, pero ó mesmo tempo moi cercana a nós. Este libro constitúe unha magnífica invitación para reflexionar sobre os alicerces culturais, económicos, sociais e medioambientais do noso País.

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788475079691

Número de páginas: 220

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 18/05/2001

Año de edición: 1995

Plaza de edición: Vigo

Especificaciones del producto



Escrito por PATRICK O FLANAGAN y PROL. DE XOSE M. SOUTO GONZALEZ



Opiniones sobre XEOGRAFIA HISTORICA DE GALICIA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana