📗 Libro en gallego XILDAS

PULP- 9788415920014

Infantil 7 a 9 años Literatura de 7 a 9 años

Sinopsis de XILDAS

A vida transcorre allea á fantasía na vila mariñeira de Sesgaña. Ata que un día Catuxa, unha rapaza fedella de nove anos, atopa casualmente o trasno Xildas. Xunto cos seus amigos Ulises e Uxía, e mesmo co seu inimigo Vicente, Catuxa argalla un plan para axudar a Xildas e buscarlle un novo fogar. Mentres, o antipático señor Samesuga pídelle explicacións á súa veciña Catuxa polas trasnadas que se suceden nos seus dominios...

Ficha técnica


Editorial: Pulp

ISBN: 9788415920014

Idioma: Gallego

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 23/09/2013

Año de edición: 2013


Especificaciones del producto



Escrito por Antonio M. Fraga


Antonio M. Fraga
Antonio M. Fraga (Nogueirosa, Pontedeume), é escritor e enxeñeiro técnico industrial. Comeza a súa andaina como narrador en 2013, ano en que acada o Premio Merlín de Literatura infantil con «O Castañeiro de Abril». Posteriormente publicou en Xerais «Tártarus» (2016), na colección Fóra de Xogo, «Escaquis e Romeu» (2018), na colección Sopa de Libros e «Papá Caníbal» (2021) e «Criaturiña» (2026), na colección Merlín.
En 2018 obtén o I Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil por «O bestiario científico de Anxos Nogueirosa», título polo que acadou o premio da Gala do Libro Galego 2019 á mellor obra xuvenil e que foi incluído na Lista de Honra IBBY do ano 2022 (Xerais, 2025).
En 2020 gaña o Premio Jules Verne de literatura xuvenil con «santoamaro», novela seleccionada na lista White Ravens de 2021 elaborada pola Internationale Jugendbibliothek de Múnic e que tamén foi distinguida co Premio Follas Novas do Libro Galego ao Mellor Libro Xuvenil do ano 2021. Con «Askja» (Xerais, 2025) conseguiu o Premio Literario Pinto e Maragota, que ten como finalidade eliminar os prexuízos e as invisibilidades que afectan a diversidade sexual e de xénero.

Fotografía do autor: Olaia Sendón
Descubre más sobre Antonio M. Fraga
Recibe novedades de Antonio M. Fraga directamente en tu email

Opiniones sobre XILDAS


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana