📗 Libro en gallego XOGAR COA PÓLVORA

A educación das mulleres e as mulleres como educadoras

Editorial Galaxia, S.A. - 9788411763363

Sociología Feminismo y mujer

Sinopsis de XOGAR COA PÓLVORA

En Xogar coa pólvora, Narciso de Gabriel arma o libro arredor de tres homes ilustrados: Feijoo, Sarmiento e Vicente do Seixo; tres mulleres ilustres: Rosalía de Castro, Concepción Arenal e Emilia Pardo Bazán; dous eventos: os debates que sobre a educación feminina tiveron lugar no Ateneo da Coruña en 1859 e no Congreso Pedagóxico Hispano-Portugués-Americano celebrado en Madrid en 1892, e dous procesos históricos: o acceso das mulleres á escola e ao profesorado. A tese central condénsase no subtítulo: a necesidade de educar as mulleres xustificouse historicamente atendendo á súa función de nais educadoras. Unha educación que, así e todo, non estaba exenta de riscos, sobre os que algúns alertaban: a ilustración das mulleres podía desvialas do camiño que a sabia natureza lles marcaba. Non conviña xogar coa pólvora.

Ficha técnica


Editorial: Editorial Galaxia, S.A.

ISBN: 9788411763363

Idioma: Gallego

Número de páginas: 184
Tiempo de lectura:
4h 19m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 17/10/2024

Año de edición: 2024

Plaza de edición: Vigo

Colección:
Memoria

Número: 52
Alto: 23.1 cm
Ancho: 15.0 cm
Grueso: 1.2 cm
Peso: 295.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por NARCISO DE GABRIEL


Narciso de Gabriel é catedrático de Historia da Educación na Universidade da Coruña. Foi director do Departamento de Pedagoxía e Didáctica (1993-2005) e decano da Facultade de Ciencias da Educación (2005-2012). Os seus libros máis recentes son Elisa e Marcela. Amigas e amantes (2019), Xosé María Álvarez Blázquez, mestre republicano (Editorial Galaxia, 2019), Vermellos e laicos. A represión fascista do maxisterio coruñés (Editorial Galaxia, 2021) e Os mestres mortos daquel verán (Editorial Galaxia, 2023). Recibiu os premios de investigación María Barbeito, Losada Diéguez e da Crítica por Escolantes e escolas de ferrado (2001) e o Concepción Arenal por Ler e escribir en Galicia. A alfabetización dos galegos e das galegas nos séculos XIX e XX (2006). Na actualidade dirixe Sarmiento. Revista Galego-Portuguesa de Historia da Educación.
Descubre más sobre NARCISO DE GABRIEL
Recibe novedades de NARCISO DE GABRIEL directamente en tu email

Opiniones sobre XOGAR COA PÓLVORA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana