?A memoria de Betanzos? recolle case un cento de gravados do século XIX, postais e viñetas de principios do século XX, catalogados e seleccionados por Carlos Díaz Martínez, que constitúen un paseo pola memoria grafica da patria de Andrade o Bo, dunha cidade que foi ata 1833 capital dunha provincia do antigo Reino de Galicia. O presente volume, enmarcado na coleccion de Xerais de Albums de Postais, presenta por vez primeira unha coidada seleccion da historia grafica de Betanzos, indispensable para a conservacion do patrimonio monumental desta cidade historica e da mellor difusion do seu coñecemento.Estas paxinas recollen desde as marcas prefilatelicas da cidade de 1830, planos turisticos de 1836, ata un amplo monllo de vistas xerais da cidade, do rio Mandeo, do peirao, da Ponte Vella, da Ponte Nova, da Torre do Reloxo, da Tumba de Fernan Perez de Andrade, das igrexas de San Francisco e de Santa Maria de Azougue, da Casa do Concello, dos Cantons, da praza do Campo e das ruas mais significativas da cidade. Particular importancia teñen na obra as imaxes relativas as festas do Globo de Betanzos e dos Caneiros e os xardins do Pasatempo.O volume completase cun fermoso texto evocador, ?Betanzos na memoria?, preparado por Alfredo Erias Martinez, historiador, bibliotecario e director do Museo das Mariñas, que constitue unha viaxe paralela a memoria grafica, pola historia e polos lugares de Betanzos. Os accesos polo Barrio das Cascas, pola Ponte Vella ou pola Ponte Nova, as transformacions que operou a chegada do ferrocaril, o subliñado goticos das igrexas, as ruas e bodegas da cidade, ou a praza do Campo, son espacios descritos con agarimo evocador e rigor historico por Alfredo Erias. A presentacion demorada dos xardins do Pasatempo, promovidos polos irmans Garcia Naveira, e das festas dos Caneiros e do Globo de Betanzos completan un texto tan emotivo como indispensable para a recuperacion da memoria colectiva de varias xeracions de betanceiros.
Ver más