Ana Varela Miño (Narón, 1978) é licenciada en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo. Actualmente traballa como tradutora e intérprete da Administración de Xustiza no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. En 2017 gañou o XXI Certame de Poesía Francisco Añón co seu primeiro libro, Asombrario, e en 2019 o VI Premio Gonzalo López Abente co poemario Onde nacen as hedras. Algúns dos seus poemas tamén viron a luz na revista Dorna. Runrún é a súa primeira novela.
Recibe novedades de ANA VARELA directamente en tu email