Son milleiros de rapazas e rapaces os que coñecen estes catro irmáns e un can especialista en investigar misterios inquedantes. Percorren Galicia vivindo aventuras e descubrindo asasinatos e roubos. Son infalibles. Nesta nova hisoria, demostrano unha vez mais
PREMIO DE NARRATIVA ILLA NOVA 2018A novela das mulleres que rachan co silencio.Unha influencer sobe unha foto ás redes sociais onde aparece unha man fantasma. Xusto unha semana máis tarde, a moza é atopada morta.A partir deste fio tecense as vidas de varias mulleres de diferentes seculos. Mulleres que tiveron que vivir as suas vidas supeditadas as dos seus homes, baixo as estritas normas non escritas (ou si) que as sinalaban como inferiores. Mulleres que, cando intentaron recuperar o unico que lles pertencia por dereito, a sua vida, viron como ata esta lles podia ser arrebatada.Tempos que semellan totalmente diferentes, pero que non o son tanto. Mulleres senlleiras que merecen ser lembradas.
No patio do colexio de Lúa prodúcese todos os días unha invasión que deixa moitas nenas e nenos sen espazo para desfrutar do seu tempo de recreo. Porén, grazas á súa tenacidade, Lúa vai poñer en marcha unha pequena onda que rapidamete se converte nun tsunami de solidariedade.