BENXAMIN DOSIL LOPEZ


Benxamín Dosil López (A Fonsagrada, 1961), licenciado en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela, é intérprete xurado de galego. Foi tradutor de galego da Xunta de Galicia (1989-1997), xefe do Rexistro Xeral (2003-2013) e, a partir de 1993, funcionario do corpo superior da Administración autonómica. Foi subdirector xeral de Política Lingüística (1998-2000) e, dende 2014, traballa como analista de xestión do rendemento e calidade na mesma Administración. Encargouse da coordinación e tratamento terminolóxico da «Guía de alimentación» (1995) e do «Léxico da construción» (2001). Como autor publicou «Maiúsculas e abreviacións» (1996), «Palabras novas e nomes propios» (1997) e «Masculino e feminino nos nomes de profesións» (2004). Así mesmo, é coautor destoutras obras: «Diccionario galego de banca» (1993), «Manual de fútbol» (1995-1998), «Dicionario de ortografía da lingua galega» (1996 e 2004), «Ortografía galega. Método práctico» (1997), «Dicionario escolar da lingua galega» (2010). En Xerais publicou as obras «Escrita doada. Consellos para redactar ben» (2015) e «Manual de uso da lingua galega» (2021).
Recibe novedades de BENXAMIN DOSIL LOPEZ directamente en tu email
Del 1 al 7 de 7
DICCIONARIO DE ORTOGRAFIA DA LINGUA GALEGA

EDICIONS FONTEL 9788487951619


ORTOGRAFIA GALEGA: METODO PRACTICO

EVEREST 9788440301420


MANUAL DE FUTBOL (3 VOLS.)

LAVERDE EDICIONES LEA 9788489947276


DICCIONARIO DE ORTOGRAFIA DA LINGUA GALEGA

GALINOVA 9788497370400


MANUAL DE USO DA LINGUA GALEGA

Edicións Xerais 9788491218234


DICCIONARIO GALEGO DE BANCA

CARBALLO MARTINEZ, ANXELES y DOSIL LOPEZ, BENXAMIN

XUNTA DE GALICIA.SERVICIO CENTRAL 9788445309452


ESCRITA DOADA

Edicións Xerais 9788499148267


Del 1 al 7 de 7