Un libro de principios do século XX que ofrece interesantes reflexións sobre os trazos distintivos que fan de Galicia un país con personalidade propia. Nesta preciosa colección que é "Galicia no espello" e na que podemos descubrir como viaxeiros estranxeiros viron o noso pais, publicase agora este libro da escritora inglesa C. Gasquoine Hartley. Galicia produciulle unha especial fascinacion a esta boa coñecedora de España e autora de varios libros sobre artistas e pintores españois. Publicado orixinalmente en ingles no ano 1911, este libro non se limita a describir a Galicia de principios de seculo, senon que intenta afondar mediante interesantes reflexions nos trazos distintivos que fan da nosa terra un pais con fasquia e personalidade propias.