Elixio Rodríguez Domínguez (Grou, Lobios 1910 - México D.F. 2007) acolleu dende moi novo a causa do galeguismo. Tras o alzamento do 36 sufriu persecución política. Refuxiouse na Lexión Estranxeira e, debido a unha conxuntura afortunada, ingresou na Arma de Aviación co grao de alférez. O 7 de marzo de 1937 fuxiu a Xibraltar nun vello Breguet-XIX para incorporarse á aviación republicana, onde permaneceu ata o final da guerra. Refuxiado en Francia, grazas á intercesión de Castelao e Luís Soto e ao apoio das comunidades galegas de América, Elixio foi un dos moitos galegos evacuados en 1939 cara a México. Durante décadas de exilio participou en múltiples actividades culturais galeguistas como a revista Saudade, o programa de radio A hora de Galicia ou a revista Vieiros. Entre as súas amizades contáronse Companys, Olof Palme, André Malraux ou o espía británico James Playdon. Como escritor publicou Matádeo mañá (Xerais 1994, 2008), unhas apaixonantes memorias, consideradas como un dos cumes do xénero autobiográfico en lingua galega.
Recibe novedades de ELIXIO RODRIGUEZ DOMINGUEZ directamente en tu email
Matádeo mañá é un testemuño autobiográfico excepcional; a reconstrución do emocionante periplo vital deste aviador galeguista durante a Guerra Civil: un tempo ralentizado polo cárcere, o terror dos paseos, a sua fuxida cara ao bando republicano, os xuizos sumarisimos que sufriu e o seu traballo como secretario da Solidaridade Antifeixista Galega xunto con Castelao. Tamen e unha memoria lucida do exilio galego en Mexico, onde Elixio Rodriguez foi un dos promotores da emision radiofonica A hora de Galicia e do Padroado da Cultura Galega e colaborador teimudo da revista Vieiros que dirixian Luis Soto e Carlos Velo, xermolo e vangarda politica dun anovado nacionalismo galego, en palabras do historiador Elixio Villaverde, autor do limiar destas memorias apaixonantes. Este e un relato trepidante de feitos historicos, politicos, diplomaticos e belicos, que constitue unha grande achega a nosa memoria colectiva. Esta segunda edicion destas memorias, consideradas como un dos cumes do xenero autobiografico en lingua galega, foi revisada e corrixida polo autor antes do seu pasamento, a que se lle engadiu un indice onomastico e un adral de Aser Alvarez.Matádeo mañá é un testemuño autobiográfico excepcional; a reconstrución do emocionante periplo vital deste aviador galeguista durante a Guerra Civil: un tempo ralentizado polo cárcere, o terror dos paseos, a sua fuxida cara ao bando republicano, os xuizos sumarisimos que sufriu e o seu traballo como secretario da Solidaridade Antifeixista Galega xunto con Castelao. Tamen e unha memoria lucida do exilio galego en Mexico, onde Elixio Rodriguez foi un dos promotores da emision radiofonica A hora de Galicia e do Padroado da Cultura Galega e colaborador teimudo da revista Vieiros que dirixian Luis Soto e Carlos Velo, xermolo e vangarda politica dun anovado nacionalismo galego, en palabras do historiador Elixio Villaverde, autor do limiar destas memorias apaixonantes. Este e un relato trepidante de feitos historicos, politicos, diplomaticos e belicos, que constitue unha grande achega a nosa memoria colectiva. Esta segunda edicion destas memorias, consideradas como un dos cumes do xenero autobiografico en lingua galega, foi revisada e corrixida polo autor antes do seu pasamento, a que se lle engadiu un indice onomastico e un adral de Aser Alvarez.