Unha biografía novelada que tamén é un conto longo escrito con esa fina ironía que todo o relativiza á vez que o fai esencial. Contar o pasado para traelo ao presente é o obxectivo de Carlos Mella en Memorias dun ninguen. Desde a senectude o protagonista percorre o fio do tempo vivido: a Guerra Civil vista a traves dos ollos dun neno, a mocidade durante o franquismo, a fartura da ilusion e as ambicions logradas... a inanidade final. O autor de Non somos inocentes volve contemplar os tempos idos porque, fora dese escenario da brincos a vida, os actores non somos ninguen.