Un libro que en 1963 tratou con profundidade interpretativa un problema difícil e complexo, que se resiste como poucos ao agudo estilete da meditación filosófica.
Unha das obras fundamentais do ensaio galego, publicada en 1963. Achega fundamental do ensaio galego do século XX e referencia inescusable sobre o tema, neste libro atópase unha das reflexións máis sutis, rigorosas e orixinais das realizadas verbo do humor como expresion da relacion do suxeito co mundo. Situado entre a traxedia e a comicidade, o espazo do humor e o espazo propio do home moderno.
A obra ensaística do autor de O segredo do humor e introdutor de Heidegger en Galicia non era abondo coñecida por estar publicada de xeito disperso. Por primeira vez reúnense nun libro ensaios e artigos que, co paso do tempo, adquiren ainda meirande relevancia e multiplican os seus significados. Neste libro reunese un mangado de ensaios publicados en libros, revistas e prensa. Recompilanse por primeira vez e editanse ordenados cronoloxicamente pola data de publicacion. Tamen se respecta o idioma no que foron dados a coñecer, quer galego quer castelan, en funcion do momento no que foron escritos e do medio de comunicacion ao que ian destinados. O autor, en carta de 1974, propuxo a idea e o titulo: "Reproduzo os ensaios tal como foron publicados, e dicir, sometendoos a proba do tempo".