O río Eume percorre algúns dos ecosistemas máis valiosos e á vez máis ameazados de Galicia. As turbeiras da Serra do Xistral e as fragas do Eume. Parque Natural, son o nacemento e desembocadura deste curso de 80 km de axitada natureza, principio e fin dun percorrido polos antigos camiños das Terras do Eume. A medio camiño entre guía e libro de viaxes, atravesando os ríos, bosques e aldeas do Eume, este primeiro libro de Chano Eiroa aprópiase dunha engaiolante paisaxe que se descobre a través de rutas (camiñadas dun día); travesías (de dous días) e aproximacións polos corredores naturais. Guía dos camiños do Eume busca e enmalla 200 km de camiños, corredoiras, pistas, rozas e pasos de gando onde dorme a pureza do bosque atlántico. Só con esta cadencia do camiñante, se abre a natureza para que a súa esencia penetre e quede en nós, co seu clima, a súa vida salvaxe, a súa arquitectura tradicional e os seus habitantes.
El río Eume recorre algunos de los ecosistemas más valiosos y a su vez más amenazados de Galicia. Las turberas de la Serra do Xistral y los bosques del Eume. Parque Natural, son nacimiento y desembocadura de este curso de 800 Km de agitada naturaleza, principio y fin de un recorrido por los antiguos caminos de las Terras do Eume. A caballo entre una guía y un libro de viajes, atravesando sus ríos, bosques y aldeas, esta obra se adueña de un paisaje que se descubre a través de rutas (caminatas de un día), de travesía (de dos días) y aproximaciones por los corredores naturales. ''Guía de los caminos del Eume'' busca y enlaza 200 Km de caminos, senderos, pistas, desbroces y pasos de ganado en los que duerme la pureza del bosque atlántico. Sólo con esa cadencia del caminante se abre la naturaleza para que su esencia penetre y se quede en nosotros, con su clima, su vida salvaje, su arquitectura tradicional y sus habitantes.