Un encarapuchado asasinou de tres disparos a Mario Dacosta, parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, cando saía da reunión do Consello Nacional no que a executiva, co seu voceiro á cabeza, Óscar Quiroga, presentou a sua dimision. Os feitos aconteceron pouco despois das seis da tarde, cando Dacosta se dispuña a arrincar o seu coche, estacionado no aparcadoiro do Hotel Congreso de Santiago de Compostela. Segundo fontes da Delegacion do Goberno, o pistoleiro achegouse ao parlamentario e asestoulle tres tiros, fuxindo posteriormente nun vehiculo Renault Clio. Un dos disparos impactoulle na cabeza, provocandolle a morte. Os servizos sanitarios trataron de reanimalo no lugar do crime, sen exito, durante media hora.O presidente en funcions da Xunta de Galiza, Felipe Mendez Tarrio, cualificou o suceso de "atentado contra a democracia". O vicepresidente Oscar Quiroga, amosouse "conmocionado" e afirmou que "Galiza sabera estar a altura das circunstancias" ante un asasinato "que enche de rabia a todos os democratas, e especialmente aos nacionalistas galegos". Fernando Xelmirez, secretario xeral UPG, partido integrado no Bloque e no que o parlamentario militaba dende 1982, amosouse conmocionado polo suceso e cualificou a Dacosta de "camarada insubstituible e extraordinario patriota galego". Horas antes do crime, Oscar Quiroga anunciara a sua dimision ao comezo do consello nacional da formacion frontista, conclave no que tamen presentou a sua renuncia toda a executiva. Abriase asi unha nova etapa despois da derrota sufrida nos comicios autonomicos do 1 de marzo, cuxos resultados devolveron a maioria absoluta ao Partido Popular en detrimento do bipartito formado por PSdG-PSOE e BNG.Alberto Cudeiro, un detective elegante con infulas taoistas, recibira da direccion do BNG o encargo de investigar este crime, que o levara, tamen, a resolver un enigma relacionado coa guerra civil.Un encarapuchado asasinou de tres disparos a Mario Dacosta, parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, cando saía da reunión do Consello Nacional no que a executiva, co seu voceiro á cabeza, Óscar Quiroga, presentou a sua dimision. Os feitos aconteceron pouco despois das seis da tarde, cando Dacosta se dispuña a arrincar o seu coche, estacionado no aparcadoiro do Hotel Congreso de Santiago de Compostela. Segundo fontes da Delegacion do Goberno, o pistoleiro achegouse ao parlamentario e asestoulle tres tiros, fuxindo posteriormente nun vehiculo Renault Clio. Un dos disparos impactoulle na cabeza, provocandolle a morte. Os servizos sanitarios trataron de reanimalo no lugar do crime, sen exito, durante media hora.O presidente en funcions da Xunta de Galiza, Felipe Mendez Tarrio, cualificou o suceso de "atentado contra a democracia". O vicepresidente Oscar Quiroga, amosouse "conmocionado" e afirmou que "Galiza sabera estar a altura das circunstancias" ante un asasinato "que enche de rabia a todos os democratas, e especialmente aos nacionalistas galegos". Fernando Xelmirez, secretario xeral UPG, partido integrado no Bloque e no que o parlamentario militaba dende 1982, amosouse conmocionado polo suceso e cualificou a Dacosta de "camarada insubstituible e extraordinario patriota galego". Horas antes do crime, Oscar Quiroga anunciara a sua dimision ao comezo do consello nacional da formacion frontista, conclave no que tamen presentou a sua renuncia toda a executiva. Abriase asi unha nova etapa despois da derrota sufrida nos comicios autonomicos do 1 de marzo, cuxos resultados devolveron a maioria absoluta ao Partido Popular en detrimento do bipartito formado por PSdG-PSOE e BNG.Alberto Cudeiro, un detective elegante con infulas taoistas, recibira da direccion do BNG o encargo de investigar este crime, que o levara, tamen, a resolver un enigma relacionado coa guerra civil.
Ver más