Neste volume ofrécese unha visión panorámica das tecnoloxías, servicios e redes que fan posible o asentamento da Sociedade da Información, enmarcada nunha percepción positiva, sen renunciar ó san escepticismo, do impacto destas tecnoloxias na sociedade, e da sua incidencia no futuro de Galicia. Non hai reto mais importante para un pais a dia de hoxe que incorporarse con plenitude a esta nova sociedade que as tecnoloxias da informacion e as comunicacions (TIC) estan transformando acelerada e imparablemente.Domingo Docampo, rector da Universidade de Vigo e Catedratico de Teoria do Sinal e Comunicacions na ETS de Enxeñeiros de Telecomunicacions, analiza o proceso de maduracion das tecnoloxias da informacion e as comunicacions e o seu impacto sobre a sociedade Galega. Unha analise rigorosa e divulgativa na que se abordan aspectos como o desenvolvemento da rede Internet, o valor social da informacion e a identificacion da infofauna, o mundo da fibra optica, as tecnoloxias para as comunicacions mobiles, os accesos via satelite, as tecnoloxias da fala, as politicas de desregulacion das telecomunicacions, o comercio electronico, as caracteristicas dos servicios (telefonia fixa, servicios mobiles e interactivos), o estado das redes institucionais e privadas en Galicia O volume remata cunha reflexion sobre as posibilidades de Galicia na carreira dixital e na sociedade do coñecemento, formulando unha serie de propostas concretas dirixidas a estreitar a fenda dixital como reto de Galicia cara ao futuro.Para o profesor Docampo Galicia xogase moito na carreira dixital xa que nos vindeiros anos habera que tomar importantes decisions nos ambitos publicos e privados que contribuan a acelerar a incorporacion plena de Galicia da Sociedade da Informacion. Tecnoloxias das comunicacions quere animar o debate actual sobre o impacto das TIC para lograr o maior grao de participacion posible no deseño de estratexias que axuden a conformar o futuro da nosa