"Na noite estrelecida" (1926) é a recreación poética, desde Galicia, dos vellos mitos artúricos e bretóns: Merlín, a espada Escalibur, Galahaz, a antiga Caledonia, o vaso marabilloso do Santo Grial... Esplendido canto da memoria dun tempo soñado, de feliz tradicion nas nosas letras, onde Galicia se incorpora a bretemosa xeografia dos mundos celtas."Na noite estrelecida" (1926) é a recreación poética, desde Galicia, dos vellos mitos artúricos e bretóns: Merlín, a espada Escalibur, Galahaz, a antiga Caledonia, o vaso marabilloso do Santo Grial... Esplendido canto da memoria dun tempo soñado, de feliz tradicion nas nosas letras, onde Galicia se incorpora a bretemosa xeografia dos mundos celtas.
O título Da Terra asoballada xorde por vez primeira na obra de Ramón Cabanillas, o noso poeta da raza, como unha das seccións nas que aparece dividido Vento mareiro (1915). Xa en 1926, Da Terra asoballada volve aparecer na cabeceira dun poemario ben diferente daqueloutro de nove anos atras. Agora Cabanillas escribe versos que conectan decisivamente co espirito do nacionalismo verbalmente exaltado, raiando no misticismo e sempre na dignificacion mitica da terra. Sendo o civismo -e dicir, a poesia civica- o dominante ao longo de Da terra asoballada (en poemas inesquecibles para a causa galega corno " ¡En pe! " , " Galicia " , " Terra " ), atopamos tamen, na edicion de 1926, poemas que dificilmente poden ser considerados baixo este prisma. Tratase de composicions tales corno " Rosiña, Rosa " , " Para Mari-Estrela " ou ainda " ¡Probiña da tola! " , onde atopamos a un Cabanillas intimista e sentimental que enxerga coa multiplicidade tematica -e tamen estilistica- do poeta cambades. Asi pois, con este novo volume, preparado coidadosamente polo profesor Xose Ramon Pena Sanchez, -que comprende todolos poemas que, algunha vez, apareceron baixo a denominacion comun de Da Terra asoballada nas suas diferentes variantes- e doado comprobar e investigar ainda na evolucion e na particular andaina poetica, e tamen politico cultural, dun dos autores mais representativos da literatura galega de todolos tempos.