Elisabete Pais de Jesus Ramos (París, 1976), licenciada en Lingüística e en Formación Educacional pola Universidade de Lisboa, foi profesora de Lingua Portuguesa na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo durante 7 anos. Traduciu, entre outros, Erros e Tánatos de Gonzalo Navaza ao portugués e conta con máis de un cento de obras traducidas ou revisadas. Como investigadora fixo o Traballo de Investigación Tutelado (TIT) sobre A diferenza de xénero nos substantivos do portugués e do galego. Neste momento é profesora de español en Portugal e a súa investigación xira arredor do ensino/aprendizaxe de segundas linguas. É autora de Portugalizar. Curso de portugués para galegofalantes (Xerais 2006).
Recibe novedades de ELISABETE RAMOS directamente en tu email
Como o seu propio subtítulo indica, Portugalizar é un manual práctico de portugués, preparado por Elisabete Pais de Jesus Ramos (profesora de lingua portuguesa da Universidade de Vigo), enfocado cara a aprendizaxe desta lingua por parte dos galegofalantes. Este libro e o resultado dun traballo para intentar mellorar pedagoxicamente o ensino de lingua portuguesa no ambito universitario galego. A obra esta estruturada en tres partes segundo o grao de dificultade dos contidos (nivel basico, nivel medio e nivel superior), o que lle concede unha gran versatilidade a hora de ser empregado tanto por persoas que se acheguen por vez primeira a esta lingua como por quen busque afondar en determinadas cuestions gramaticais de maior dificultade. En Portugalizar os contidos son tratados dun xeito moi practico e visual, tendo en conta o publico galego a que vai dirixido o manual e destacando aqueles aspectos diferenciais que presentan os dous idiomas, para facilitar a aprendizaxe. Portugalizar non se limita a ofrecer conceptos e procedementos para fornecer un coñecemento teorico da lingua portuguesa, senon que tamen pretende dotar ao usuario de competencias a nivel oral e escrito para poder manexarse linguisticamente en diversos ambitos e contextos cotians de uso.