?Guía dos curros de Galicia?, é a primeira obra bibliográfica destinada a dar a coñecer e divulgar o fenómeno dos curros, un dos acontecementos sociais máis definitorios da nosa tradición. Preparada por dous especialistas, o veterinario Herminio Pose Nieto e o fotografo Eduardo Castro, iniciase cun breve percorrido historico sobre a tradicion da cria de cabalos ceibes en Galicia, para logo introducirnos integramente no suceder dos curros. Analizase a historia e orixe do Cabalo de Pura Raza Galega, esquecido durante moitisimos anos e que actualmente se atopa en perigo de extincion. Ofrecense alguns consellos practicos a hora de visitar os curros. Describense os vinteun curros, presentados por provincias, que se celebran ao longo do ano en Galicia. Para cada curro ou rapa detallase o seu calendario e horarios, a sua situacion xeografica, os accesos, os servicios que nos podemos atopar, a historia do curro, o tipo de construccion e o desenvolvemento das tarefas durante a sua celebracion. Unha detallada informacion textual, acompañada de mapas e fotografias sobre a ubicacion e o desenvolvemento da rapa. A presente guia categoriza e puntua cada un dos curros de Galicia en funcion dos seguintes criterios: a tradicion historica da cria de calos en liberdade na zona de celebracion do curro, o manexo dos animais, a non inclusion doutras actividades complementarias ao curro para darlle atractivo turistico, o respecto aos animais e a ausencia de violencia e malos tratos, as instalacions do curro (historia, forma, materiais, reformas, etc.), o emprego de cabalos do pais nas practicas habituais de manexo do gando e a presencia de Cabalos de Pura Raza Galega inscritos entre os acurrados.E, pois, unha completisima e unica guia que, mesturando informacion practica e turistica, pretende destacar tamen as raigames socioculturais destes acontecementos, ademais dos costumes de manexo do gando cabalar nas distintas comarcas e as diferentes tipoloxias das construccions dos curros.
Ver más