Jacobo Fernández Serrano


Jacobo Fernández Serrano (Vigo 1971) é licenciado en Belas Artes na especialidade de pintura pola Universidade Complutense. Ilustrador, pintor, debuxante e comiqueiro, como autor de literatura infantil publicou na colección Merlín de Xerais os libros “A gardería de dona Bixelmina” (2005), “A pedra e as formigas” (2006), “Mil cousas poden pasar. Libro I” (2009), premio Merlín de literatura infantil e “Mil cousas poden pasar. Libro 2” (2011). Iniciouse na ilustración de libros de literatura infantil en Xerais con “As aventuras de Nunavut” de Xoán Abeleira, serie da que publicou catro libros: “O nacemento de Nunavut” (2003), “Un día de caza” (2003), “Sedna, a deusa do mar” (2004) e “O caribú namorado” (2005); ao que seguriron outros traballos para diversas editoriais. Ademais de traballos de ilustración de libros de texto, dicionarios, guías de natureza, carteis ou ilustracións para televisión, etc. É, tamén, autor da serie de banda deseñada “Os amigos de Archimboldo Roque”, publicada na revista “Golfiño” (2000 a 2004) e recollida no volume homónimo publicado por Faktoría K (2008). Tras realizar este personaxe converteuse en colaborador da publicación periódica “Dos Veces Breve”, así como da segunda época da revista “BD Banda”, na que desenvolve a serie titulada “Animais pantasma”. Co álbum de cómic “Aventuras de Cacauequi” (2007), obtivo o premio Castelao da Deputación da Coruña de Banda Deseñada, e a nominación ao Premio Expocómic 2008 de Madrid e do Salón do Cómic de Barcelona, no apartado de autor español revelación. É autor da serie de cómic para os primeiros lectores “Marcopola. A illa Remeira” “Lois Pereiro. Breve encontro” (Xerais, 2011) é a súa primeira novela gráfica. Mantén abertos dous blogs, onde publica adianto das súas ilustracións e traballos: http://jacobofernandezserrano.blogspot.com/http://osamigosdearchimboldoroque.blogspot.com/http://milcousas.wordpr...
Recibe novedades de JACOBO FERNANDEZ SERRANO directamente en tu email
Del 1 al 20 de 25
MIL COUSAS PODEN PASAR. LIBRO II

Edicións Xerais 9788499142067

Ver más ediciones

MIL COISAS PODEM ACONTECER (EBOOK)

Autêntica infantil e juvenil 9788582174821


MARCOPOLA 3

BANG EDICIONES 9788416114320


MARCOPOLA 2: ELS PIRATES DE LA LLUNA

Bang ediciones 9788494069567


MARCOPOLA 4: L ILLA REMADORA

BANG EDICIONES 9788416114740


BREVE ENCUENTRO. LOIS PEREIRO

SINS ENTIDO 9788415530015


MIL COUSAS PODEN PASAR. LIBRO I

Edicións Xerais 9788499141886

Ver más ediciones

AVENTURAS DE CACAUEQUI

AUTOR-EDITOR 9788461218158


PODEN PASSAR TANTES COSES!

Pagès editors, S.L. 9788499756622


MIL COUSAS PODEN PASAR. LIBRO I

Edicións Xerais 9788499140483


LAS AVENTURAS DE CACAUEQUI

AUTOR-EDITOR 9788461219674


MARCOPOLA L ILLA REMADORA

Bang ediciones 9788415051220


MARCOPOLA 4, LA ISLA REMERA

BANG EDICIONES 9788416114733


AUN PUEDEN PASAR MIL COSAS

Milenio Publicaciones S.L. 9788497436984


MARCOPOLA 5 (CATALA)

BANG EDICIONES 9788417178994


A GARDERIA DE DONA BIXELMINA

Edicións Xerais 9788497823678


A PEDRA E AS FORMIGAS

Edicións Xerais 9788497824835


LOIS PEREIRO. BREVE ENCONTRO

Edicións Xerais 9788499142517


MARCOPOLA 2.OS PIRATAS DA LUA

Edicións Xerais 9788499145082


MARCOPOLA. A ILLA REMEIRA

Edicións Xerais 9788499144429


Del 1 al 20 de 25