📗 Libro en gallego LOIS PEREIRO. BREVE ENCONTRO

Un achegamento comiqueiro á biografía e á obra do poeta

Edicións Xerais - 9788499142517

Novela gráfica Europea

Sinopsis de LOIS PEREIRO. BREVE ENCONTRO

Esta novela gráfica, en branco e negro, de Jacobo Fernández Serrano, primeira no catálogo de Xerais, constitúe un singular e fermoso achegamento comiqueiro á vida e á obra do poeta homenaxeado na Letras Galegas 2011. Iníciase cun breve encontro no que o autor homenaxea a película de David Lean, percorrendo cada unha das etapas da vida do poeta monfortino. Dende o seu nacemento na vila de de néboa e trens, pasando polos días de descubrimento da adolescencia, as primeiras loias en Madrid, o envelenamento e doenza posterior provocado pola colza, as viaxes europeas, as antoloxías coruñesas de amor e desamor, a edición do primeiro libro, os días da conversa ultramarina e da modesta proposición, ate a poesía última de amor e enfermidade. A novela inclúe ademáis a edición gráfica dalgúns dos textos máis emblemáticos do poeta, así como as visións do creador arredor da súa figura. Como sinalou Manuel Rivas, esta novela gráfica "non trata de condecorar a Lois nin de poñelo nun pedestal. Trata de facelo reexistir, de andar por aquí de novo".Esta novela gráfica, en branco e negro, de Jacobo Fernández Serrano, primeira no catálogo de Xerais, constitúe un singular e fermoso achegamento comiqueiro á vida e á obra do poeta homenaxeado na Letras Galegas 2011. Iníciase cun breve encontro no que o autor homenaxea a película de David Lean, percorrendo cada unha das etapas da vida do poeta monfortino. Dende o seu nacemento na vila de de néboa e trens, pasando polos días de descubrimento da adolescencia, as primeiras loias en Madrid, o envelenamento e doenza posterior provocado pola colza, as viaxes europeas, as antoloxías coruñesas de amor e desamor, a edición do primeiro libro, os días da conversa ultramarina e da modesta proposición, ate a poesía última de amor e enfermidade. A novela inclúe ademáis a edición gráfica dalgúns dos textos máis emblemáticos do poeta, así como as visións do creador arredor da súa figura. Como sinalou Manuel Rivas, esta novela gráfica "non trata de condecorar a Lois nin de poñelo nun pedestal. Trata de facelo reexistir, de andar por aquí de novo".

Ficha técnica


Ilustrador: Jacobo Fernández Serrano

Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788499142517

Idioma: Gallego

Número de páginas: 160

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 06/06/2011

Año de edición: 2011

Plaza de edición: Es

Colección:
EDICIÓN LITERARIA - ALTERNATIVAS - Novela gráfica

Alto: 24.5 cm
Ancho: 17.5 cm
Grueso: 1.3 cm
Peso: 424.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Jacobo Fernández Serrano


Jacobo Fernández Serrano (Vigo 1971) é licenciado en Belas Artes na especialidade de pintura pola Universidade Complutense. Ilustrador, pintor, debuxante e comiqueiro, como autor de literatura infantil publicou na colección Merlín de Xerais os libros "A gardería de dona Bixelmina" (2005), "A pedra e as formigas" (2006), "Mil cousas poden pasar. Libro I" (2009), premio Merlín de literatura infantil e "Mil cousas poden pasar. Libro 2" (2011). Iniciouse na ilustración de libros de literatura infantil en Xerais con "As aventuras de Nunavut" de Xoán Abeleira, serie da que publicou catro libros: "O nacemento de Nunavut" (2003), "Un día de caza" (2003), "Sedna, a deusa do mar" (2004) e "O caribú namorado" (2005); ao que seguriron outros traballos para diversas editoriais. Ademais de traballos de ilustración de libros de texto, dicionarios, guías de natureza, carteis ou ilustracións para televisión, etc. É, tamén, autor da serie de banda deseñada "Os amigos de Archimboldo Roque", publicada na revista "Golfiño" (2000 a 2004) e recollida no volume homónimo publicado por Faktoría K (2008). Tras realizar este personaxe converteuse en colaborador da publicación periódica "Dos Veces Breve", así como da segunda época da revista "BD Banda", na que desenvolve a serie titulada "Animais pantasma". Co álbum de cómic "Aventuras de Cacauequi" (2007), obtivo o premio Castelao da Deputación da Coruña de Banda Deseñada, e a nominación ao Premio Expocómic 2008 de Madrid e do Salón do Cómic de Barcelona, no apartado de autor español revelación. É autor da serie de cómic para os primeiros lectores "Marcopola. A illa Remeira" "Lois Pereiro. Breve encontro" (Xerais, 2011) é a súa primeira novela gráfica. Mantén abertos dous blogs, onde publica adianto das súas ilustracións e traballos: http://jacobofernandezserrano.blogspot.com/http://osamigosdearchimboldoroque.blogspot.com/http://milcousas.wordpress.com/
Descubre más sobre Jacobo Fernández Serrano
Recibe novedades de Jacobo Fernández Serrano directamente en tu email

Opiniones sobre LOIS PEREIRO. BREVE ENCONTRO


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana