Daniel Rodríguez Patapao, cacique de Negueira de Rodríguez e propietario de Casa Ataúlfo, enfróntase a unha grupo de hippies que se instalan unha comuna exenta de colorantes e conservantes e comparten espacio vital con Anton Duracel, un babiolo que atopa o sentido da sua existencia cando se viste de coello para anunciar unha marca de pilas. Sobre todos eles sobrevoa o Skylab, unha estacion espacial norteamericana que quizais estea buscando as gafas de Castelao, os xamons que multiplicou Ramon Otero Pedrayo ou o sombreiro que vestiu a cabeza de Beiras custodiados no pub "Sempre en Galiza", unha especie de parque tematico do nacionalismo que rexentan dous siameses que soñan con iniciar a loita de liberacion nacional. Por ali pasa, tamen, o carteiro Pablo Neruda a contar o seu conto e chegan visitantes non desexados como o subcomisario Alberte Sanxil. "Casa Skylab", a obra gañadora do Premio Xerais 2003, e a terceira novela de Jaureguizar na que interven este curioso investigador que nada investiga, despois das suas aparicions anteriores en "Comendo espaguetis diante da television" e "As horas sucias"."Casa Skylab" de Jaureguizar e unha intensa novela, enchida de humor corrosivo, atravesada por unha trama criminal adobiada de mortes que aparecen e desaparecen ante o lector, como se a realidade fose un xogo de aparencias. Unha novela escrita dende unha vision ironica e sarcastica da realidade galega, presidida por un espirito iconoclasta, que o xurado de lectores do Premio Xerais 2003 definiu como "unha interpretacion mordaz e parodica do galeguismo".O xurado que lle outorgou o Xerais 2003, tamen, sinalou da obra que "partindo da sua modernidade conceptual, da sua estructura singular e polifonica, e do seu estilo rapido e tempo profundo, conecta con esa novelistica galega que con Cunqueiro se enche de maxia e defuntos". Unha excelente novela chamada a renovar a narrativa galega da nova decada.Daniel Rodríguez Patapao, cacique de Negueira de Rodríguez e propietario de Casa Ataúlfo, enfróntase a unha grupo de hippies que se instalan unha comuna exenta de colorantes e conservantes e comparten espacio vital con Anton Duracel, un babiolo que atopa o sentido da sua existencia cando se viste de coello para anunciar unha marca de pilas. Sobre todos eles sobrevoa o Skylab, unha estacion espacial norteamericana que quizais estea buscando as gafas de Castelao, os xamons que multiplicou Ramon Otero Pedrayo ou o sombreiro que vestiu a cabeza de Beiras custodiados no pub "Sempre en Galiza", unha especie de parque tematico do nacionalismo que rexentan dous siameses que soñan con iniciar a loita de liberacion nacional. Por ali pasa, tamen, o carteiro Pablo Neruda a contar o seu conto e chegan visitantes non desexados como o subcomisario Alberte Sanxil. "Casa Skylab", a obra gañadora do Premio Xerais 2003, e a terceira novela de Jaureguizar na que interven este curioso investigador que nada investiga, despois das suas aparicions anteriores en "Comendo espaguetis diante da television" e "As horas sucias"."Casa Skylab" de Jaureguizar e unha intensa novela, enchida de humor corrosivo, atravesada por unha trama criminal adobiada de mortes que aparecen e desaparecen ante o lector, como se a realidade fose un xogo de aparencias. Unha novela escrita dende unha vision ironica e sarcastica da realidade galega, presidida por un espirito iconoclasta, que o xurado de lectores do Premio Xerais 2003 definiu como "unha interpretacion mordaz e parodica do galeguismo". O xurado que lle outorgou o Xerais 2003, tamen, sinalou da obra que "partindo da sua modernidade conceptual, da sua estructura singular e polifonica, e do seu estilo rapido e tempo profundo, conecta con esa novelistica galega que con Cunqueiro se enche de maxia e defuntos". Unha excelente novela chamada a renovar a narrativa galega da nova decada.
Ver más