📗 Libro en gallego AS HORAS SUCIAS

XERAIS - 9788483026748

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de AS HORAS SUCIAS

O xornalista televisivo Carlos Seoane dirixe na Canle 69 da cidade de Lugo o magazine diario Estamos.com. Seguidor de Elvis Presley e da comunidade esenia da amizade, Seoane consideraba que o seu programa, para superar o quince por cento de cota de pantalla, debía resumirse ?nunha mestura equilibrada de noticias de mañá, bágoas de tarde, tetas de noite, e algunhas carallas multirraciais?, unha receita que Indalecio Guilfrei, o propietario da cadea, consideraba infalible; en definitiva, rexerse por aqueloutra máxima expresada por Xabier Salguetti, o productor do seu programa: ?espectacularidade e sentimentalismo: audiencia?. Para atopar ?noticias novicias?, como a el gustaba chamarlle ás exclusivas que puideran poñer por diante á Estamos.com das Crónicas Marcianas de Tele 5 ou dos programas brancos emitidos pola canle rival, Famigal, Seoane non dubidaba en emitir mentiras ben contadas, convencido de que nas ondas se travestirían en verdades absolutas. Velaí como o equipo do seu programa pretendía conseguir en exclusiva as imaxes do secuestro do narrador Manuel Rivas por parte dun grupo neonazi nun encontro de escritores no Concello co gallo das festas patronais. Secuestro o do famoso escritor que resultará equivocado e dará pé á desaparición de Federico Rodríguez Novo, o arqueólogo responsable do informe de patrimonio sobre a conveniencia de construír un centro comercial no antigo foro romano, feito que intentará desvelar o subcomisario de policía Alberte Sanxil.As horas sucias supón a volta de Jaureguizar á novela negra, á reinvención do xénero negro galego convertido polo escritor lucense en ?negro de batea?. Narratividade trepidante, linguaxe fresquísima, humor delirante, presencia constante da televisión convertida en espello da sociedade contemporánea, cotidianidade exhuberante, e a cidade de Lugo convertida en escenario dunha trama de intrigas, corrupcións e escandalos urbanísticos.

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788483026748

Idioma: Gallego

Número de páginas: 176
Tiempo de lectura:
4h 7m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 25/10/2001

Año de edición: 2001

Plaza de edición: Vigo
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.0 cm

Especificaciones del producto



Escrito por Jaureguizar


Naceu en Bilbao o 14 de agosto de 1965. Viviu a súa infancia e mocidade en Ribadeo. Xornalista de profesión, desenvolve o seu labor no xornal El Progreso de Lugo. Vive illado nalgún lugar remoto de Galicia, onde se dedica a andar en bicicleta, cultivar vermes da seda e contemplar o paso das nubes. Cada xoves de madrugada sobe ao cumio dun monte para catar o sabor dos diferentes ventos mareiros. Nas noites de lúa nova conta as estrelas.
Descubre más sobre Jaureguizar
Recibe novedades de Jaureguizar directamente en tu email

Opiniones sobre AS HORAS SUCIAS


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana