Heller Higland é un anxo da morte. Durante o verán anterior ao 11 de setembro de 2001, percorre velozmente na súa bicicleta as rúas de Nova York, unha cidade que semella se vai derreter. Heller, un adolescente maduro e consciente das inxustizas que existen no mundo, traballa ao servizo da empresa Noticias Suaves onde e o encargado de entregar as malas noticias. E faino de forma tan amable e considerada que os destinatarios das suas entregas, a maior parte emigrantes rusos, indios ou chilenos, o recoñecen como un mensaxeiro da esperanza. A cidade en chamas, escrita en colaboracion por Ariel Dorfman e o seu fillo, o autor teatral, Joaquin Dorfman, constitue unha das novelas mais orixinais e exitosas para xoves das publicadas recentemente nos Estados Unidos.