Precedido por "Chiloé", de Eduardo Blanco AmorEn 2006, o fotógrafo José Luis Abalo baixa do transbordador que une o territorio continental de Chile con Chiloé. Desde moitos anos antes, sentía a mesma fascinacion por esa illa do Oceano Pacifico que describe Eduardo Blanco Amor no seu libro Chile a la vista. Unha ollada compartida que das verbas do autor de A esmorga pasa as fotografias deste libro. Unha paisaxe que, desde a pura intuicion, semella a dunha Galicia austral. Verdes outeiros, campos cheos de xestas, pequenos golfos e enseadas facilmente asimilables a calquera ria galega. Leiras e praias onde as vacas pastan ceibas. Chiloe refictese nas fotografias de Abalo co pulo de todas as xeografias arcanas que compre descifrar e onde confluen liñas do tempo e horizontes. Os habitantes levan dentro de si a union de America coas terras galegas dos seus devanceiros. Os mesmos nomes de lugar, identicas miradas, semellantes anceios de progreso.
Unha colección destinada a acoller traballos xornalísticos, reportaxes, entrevistas e mesmo edicións de grandes publicacións que marcaron momentos fundamentais do xornalismo galego.