Sotelo Blanco Edicións publica, na súa colección Estudos e Investigacións, A PESCA TRADICIONAL NOS RÍOS DE GALICIA, obra gañadora do Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais 2008. A pesca tradicional nos rios de Galicia. A enorme riqueza e diversidade do noso patrimonio maritimo e fluvial comeza a ser estudada de xeito sistematico e transdisciplinar pouco a pouco. Este traballo centrase no estudo da pesca tradicional nos rios galegos, desde o Miño ate o Navia, pasando polo Ulla, Tambre, Ladra e Sil. Caneiros, pescos e pesqueiras conforman diversos tipos de arquitecturas vernaculas funcionalmente especializadas nas capturas de peixes migratorios que constituiron unha fonte alternativa de alimentos e excedentes nas economias campesiñas precapitalistas do noso medio rural. Ao longo de varios capitulos abordanse diversas cuestions vinculadas a cultura pesqueira de tres comunidades ribeiregas: Portomarin, Herbon e Arbo. Logo de mais dunha ducia de anos de traballo de campo ofrecense os resultados preliminares dun amplo proxecto de investigacion centrado no patrimonio da auga comun a galegos e portugueses.
FUND. PEDRO BARRIE DE LA MAZA, CONDE DE FENOSA 9788497520041
Nesta obra foron analizadas varias das representacións máis significativas da arte popular no Concello de Valga (Pontevedra): cruceiros, petos de ánimas, calvarios, vía crucis... Catalogáronse todosos exemplares rexistrados a finais do ano 1999, moitos deles ainda conservados, outros infelizmente desaparecidos e alguns mais posteriormente restaurados ou recolocados perto da sua ubicacion orixinal. Con esta obra pretendese dar a coñecer un patrimonio cultural ata agora practicamente esquecido ou ignorado e que precisa urxentemente de ser divulgados, apreciado e protexido antes de que se perda para sempre.