O labirinto da saudade traza un movimento feliz entre a vivencia, a experiencia directa e a súa elaboración intelectual, á luz da longa tradición de estudos sobre a saudade. Neste ensaio, á par fondo e leve, son conxugados e procurados con harmonia e en equilibrio a creacion e o saber, ate achegar unha perspectiva diferente e orixinal, que recolle os contributos doutros pensadores, beneficiandose da sua riqueza. A partir da experiencia psicoloxica persoal da morriña e a saudade, ligada a lugares (unha ria, unhas praias), tempos (o veran, as vacacions) e epocas (a infancia, a adolescencia e xuventude), o autor fai un percurso, reflexionando, lembrando, interpretando, por alguns dos moitos vieiros que as culturas galega e portuguesa foron abrindo ao redor da saudade: a filosofia (Ramon Piñeiro, Teixeira de Pascoaes e Antonio Sergio, Carolina Michaelis, Andres Torres Queiruga, Paulo Borges), a pintura (Henrique Pouso, Antonio Carneiro... Silva Porto), a escultura (Soares dos Reis), a poesia (Pondal... Carvalho Calero, Aviles de Taramancos). Deambulando entre Galiza (O Pedrido, Ponteceso, A Coruña, Corme... Miño) e Portugal (Caminha, Luso, Amarante, Lisboa, O Alentexo... Porto), paso a paso, de autor en autor e de obra en obra, vai perfilandose, elaborandose e propondose unha nova concepcion filosofica da saudade que fai enfase nas dimensions comunicativa e colectiva, asi como no aspecto activo e no contexto solidario
Ver más