Galicia é un país de 1.675 quilómetros de costa, dunha riqueza e diversidade únicas no mundo, o que faí das nosas rías un modelo de ecosistema irrepetible. Con este libro dase a coñecer por primeira vez unha obra sobre a bioloxia mariña de Galicia, con informacion oceanografica e xeoloxica, a mais de botanica e zooloxica. En moitos sentidos, Galicia vive ainda hoxe de costas o mar, a ese mar no que os recursos pesqueiros e marisqueiros teñen un protagonismo indiscutible na economia do pais. Esta guia e fundamental para coñecer o noso ecosistema mariño e valorar e protexer as posibilidades do litoral galego. Luis Miguez, Concepcion Gonzalez e Oscar Garcia ofrecennos un estudio e catalogacion dos espacios naturais maritimo-terrestres, unha interesantisima serie de roteiros para coñecer as nosas costas que satisfara por igual a observadores accidentais, afeccionados, naturalistas ou profesionais.