Este traballo pretende afondar un pouco máis nos xogos, recitados e cancións para os máis cativos da casa, converténdose deste xeito nun libro entregado por completo aos xogos musicais iniciáticos. O tratamento das cantigas e recitados que compoñen este libro foron escollidos con moito cariño para que sexan un bo material didactico para os pais, non se centrando exclusivamente na faceta artistica. As musicas son doadas de asimilar, e facilmente reproducibles por pais e nais que non sexan grandes interpretes ou cantantes profesionais, e as suas letras repetitivas e, maiormente, con tematicas infantis teñen como unico fin que poñades todo este material en practica e a viva voz, sen necesidade de darlle ao play. Conten un CD con 38 cancions.
A grande cantidade de xogos e divertimentos que tiñan os nosos pais, os nosos avós e demais antepasados conforman unha parte moi importante da nosa cultura oral. Ca chegada dos medios de comunicación masivos -e por riba de todos a televisión- e despois da incursión na nosa sociedade de ordenadores, videoxogos e demais tipos de divertimentos individuais, resulta difícil atoparnos con pandillas de rapaces e rapazas a xogar xuntos. De aí a importancia de recuperar e difundir este material. E fermosísimo ve-las xentes maiores das nosas aldeas lembrando estes xogos que formaron parte da súa nenez e da súa xuventude.
Con PARA CANTAR E BAILAR (2910012665358) desde el primer momento, con este libro de texto de educación infantil, el niño empiece a relacionar lo que van aprendiendo con lo que ya conocen de forma progresiva. El libro de texto PARA CANTAR E BAILAR (2910012665358) de LUIS PREGO publicado por EDICIONS DO CUMIO (02/07/2008), trata de estimular una manera de pensar en los niños de las primeras edades, con el fin de que se animen a resolver problemas; en definitiva, el objetivo fundamental de PARA CANTAR E BAILAR es que cada niño trabaje su cultura. Este manual eficaz es por tanto, un libro de texto desplegando los cursos de enseñanza de todas las areas de educacion infantil.