(A Coruña, 1979), é licenciada en Socioloxía e funcionaria de carreira na Administración autonómica. Membro da Cátedra de Memoria Histórica da Universidade da Coruña e colaboradora de Nós Diario, publicou o libro Coa man armada. Ejército Guerrillero de Galicia – IV Agrupación (1946-1948) (2007), ademais de artigos sobre memoria histórica, nomeadamente, da guerrilla antifranquista.
Recibe novedades de LUPE MARTINEZ directamente en tu email
Frente a desmemorización colectiva é preciso recuperar os textos que nos axudan a entendermos o noso pasado, e a biografía de personaxes que definen o noso tempo histórico.
Guerrilleir@s antifranquistas da provincia da Coruña é unha parte da Historia dos homes e mulleres que fixeron que aquela idea de que en Galicia a sublevación dos militares franquistas foi un paseo sen resistencia, virase nunha falsidade perfectamente constatada, plena de argumentario intelixente, deixando que falen os documentos.E este un traballo rigoroso onde a autora achega un catalogo de combatentes antifranquistas que actuaron na provincia da Coruña, tamen con conexions noutras provincias. Recollense biografias individualizadas e un amplo contexto onde situar o fenomeno das guerrillas na provincia da Coruña, a mais activa e combativa, ainda que en todo o pais tivo un papel importante tras o final da Guerra Civil e a posterior ditadura.Homes e mulleres senlleir@s, como Benigno Andrade Garcia Foucellas, Manuel Ponte Pedreira, Adolfo Allegue Allegue Riqueche e Marcelino Rodriguez Fernandez Marrofer, comparten protagonismo con outros e outras menos coñecidos, grazas a un salientable traballo de pescuda arquivistica que nos achega Lupe Martinez.