Luz Méndez naceu en Ventosa, en Agolada, e como é filóloga gústanlle moito as palabras, sobre todo os nomes de lugar. Por iso escribiu un libro titulado ¿Por qué se chama así este sitio? Tamén adapta e escribe teatro para marionetas. En colaboración con Pere Tobaruela publicou Vouvos papar (Xerais 2008).
Recibe novedades de LUZ MENDEZ FERNANDEZ directamente en tu email
Vouvos papar de Luz Méndez e Pere Tobaruela é a historia de Tucho e Mucha, dous nenos que conectados polo correo electrónico e o programa de chat, cando xogaban ao "Buscaminas", ao seu xogo preferido, viven unha aventura na Internet cando os chucha o seu ordenador coma se os prendese unha aspiradora. ¿Quen e que os quere papar? E ben raro todo isto, ¿non si? Daniel Xove ilustrou esta apaixonante aventura, a primeira na literatura infantil galega que se desenvolve no mundo das pantalllas e dos programas informaticos.Vouvos papar de Luz Méndez e Pere Tobaruela é a historia de Tucho e Mucha, dous nenos que conectados polo correo electrónico e o programa de chat, cando xogaban ao "Buscaminas", ao seu xogo preferido, viven unha aventura na Internet cando os chucha o seu ordenador coma se os prendese unha aspiradora. ¿Quen e que os quere papar? E ben raro todo isto, ¿non si? Daniel Xove ilustrou esta apaixonante aventura, a primeira na literatura infantil galega que se desenvolve no mundo das pantalllas e dos programas informaticos.